30 mar 2011

Rota "Ourense literario" 2011

O día 30 de marzo, as alumnas e alumnos de 4º ESO e 2º BAC. realizaron un percorrido polo Ourense literario, visitando, entre outras cousas, as casas natais de insignes escritores ourensáns, como Otero Pedrayo, Risco ou Lamas Carvajal e na que viviu Blanco-Amor.  Seguindo as súas pegadas podemos coñecer mellor a súa obra e os lugares que os inspiraron.

25 mar 2011

Día da Poesía

Celebramos o Día da Poesía  cunha exposición de poemarios en galego e castelán. Despois alumnado e profesorado  pegaron no taboleiro poemas da súa elección.













4 mar 2011

ENTROIDO 2011

O día 4 de marzo festexamos o comenzo das festas do Entroido. Que ben o pasamos! Que sobremesas tan saborosas! E que dicides dos disfraces? Para todos os gustos, elaborados e máis chafalleiros, pero todos moi logrados. Que non? Védeo:









Semana das curtametraxes galegas

Do 28 de febreiro ao 3 de marzo celebramos a Semana das curtas e videoclips galegos. As pelis estaban moi ben e podedes ver os títulos e as sipnoses na seguinte páxina:

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/actividades/curtas.php

A actividade estaba organizada polo EDLG do IES Audiovisuais de Vigo para os centros de ensino galegos.