26 dic 2012

Festival de Nadal

      O día 21 celebramos no instituto a chegada do Nadal cunha serie de actividades organizadas principalmente polo Club de Lectura (con Almudena e Paloma á cabeza) e por varios profesores cos seus alumnos, como son Roberto, de música, e Marosa, de matemáticas. Outras actividades foron propostas polos propios alumnos/as e os resultados foron espectaculares. É moi satisfactorio comprobar como cada curso vai en aumento a participación do alumnado e a colaboración do profesorado. Ao final tamén entregamos os premios do concurso de tarxetas de nadal organizado polo EDLG.

Ana e Alba (4º ESO) exerceron de presentadoras:

Ana Prieto e Alba Mª Freire




Empezou o festival cunha revisión de famosos contos infantís (a cargo de alumnado de 1º ESO do club de lectura), entre eles unha Cincenta moi marchosa e unha Carapuchiña vermella que acode en salvación do cocho previsor de Os tres porquiños (versión do libro Contos en verso para nenos perversos de Roald Dahl), pero resulta que un non se pode fiar dunha carrapuchiña con corsé. He he!!

Os narradores do conto

Paula é a Cincenta moderna

O príncipe Iago co zapato perdido na discoteca


O elenco de A Cincenta


Rebeca é o lobo de Os tres porquiños

O porquiño

A Carapuchiña Ana Rosa atende a chamada de auxilio do porco

O lobo ataca a Carapuchiña vermella

Pero ela desfaise do lobo e do porco.

Despois houbo varias actuacións musicais a cargo do alumnado de 3º ESO baixo a batuta do seu profe, Roberto.









Marcos García Fernández e Lorena Rodríguez Quintas, ambos de 3ºESO, deleitáronnos cun concerto de saxo e clarinete:






O coro, con Marosa de profesora, sorprendeunos cunhas panxoliñas en galego: 





Tamén interpretaron estes rapaces e rapazas unha panxoliña en francés:


º


O latín tamén é unha boa lingua para cantar panxoliñas...





Houbo ocasión ademáis para descubrir talentos particulares como o "Monólogo sobre o WathsApp" que presentou Marcos García, de 3º ESO, ou o recital de poemas de Ángela Blanco, tamén de 3º ESO.




Outros tres alumnos de 3º ESO da asignatura "Historia e cultura das relixións" idearon un curioso diálogo entre Buda, Deus e un raposeiro Diaño, titulado "Es mi turno". Son Iago Fernández, Joel Domínguez e Alejandro Rodríguez.




E finalmente temos que sinalar o extraordinario traballo de dous grupos distintos de alumnos, que puxeron en escena dúas pezas teatrais. A primeira, en castelán, sobre unha particular "señora" e os seus modais: Unha viaxeira sen billete, do libro Historias policíacas divertidas, de Wolfgang Ecke.


E a segunda unha "Parola carceraria" ou como ser un novato na cadea pode resultar moi incómodo:





Elenco da obra de teatro

Rematamos a festa de Nadal con bos desexos para o Aninovo, e, por suposto, un 2013 en galego!!!!


22 dic 2012

Gañadores do concurso de Tarxetas de Nadal

O día 1o rematou o prazo de presentación de tarxetas de Nadal para o concurso. O xurado formado por profesorado (Ana Glez., Adela, Javier, Manuel, Almudena, Raquel, Lourdes, Ana Rosa), dous alumnos (Daniel de 2º Bac. e Ángela de 3º ESO)  e persoal non docente (Elsa, MªElisa, Margarita, Mª José) tivo tres días para votar e, ao contabilizar os votos, o resultado foi o seguinte:

1º Premio:
Adrián García de la Fuente (2º ESO A)


2º Premio:
Adrián González López (1º ESO A)



3º Premio:
Paula Martínez Quintas (1º ESO A)


Velaquí os tres gañadores o día do festival do Nadal, cando lles entregamos os agasallos:



Outras das tarxetas participantes:









Grazas a todos por participar!!
E Feliz Nadal e mellor Aninovo!!

EDLG

17 dic 2012

Libros decorados

Quero compartir convosco un vídeo onde se mostran uns libros curiosos: teñen os lombos dourados decorados cuns debuxos que representan paisaxes, escenas de caza, personaxes medievais ou fermosas filigranas. Mesmo hai algún onde o debuxo cambia se o miramos nun sentido ou noutro. 

Imaxinades a dificultade á que se deberon enfrontar os artesáns que os decoraron?
Son dignos de ver, aquí vos deixo o vídeo:


11 dic 2012

Revista Ollos de aula

A Coordinadora Galega dos Equipos de Normalizacn e Dinamización Lingüística (CGENDL) edita a revista Ollos de aula. Déixovos aquí os tres números editados para que lle botedes unha ollada.

No glosario da de decembro podedes ver que se fala dos xoguetes do nadal, de darlle voltas a preguntas que formulan os pais como ¿temos que axudar os nosos fillos/as cos deberes? e outras reflexións.
 



6 dic 2012

Tarxetas de Nadal

Lémbrovos que tendes ata o día 10 para entregar as vosas tarxetas de Nadal para o concurso.

As bases están expostas no taboleiro do EDLG, pero vóuvolas recordar:

Tarxeta con temática de felicitación de Nadal
Escrita en lingua galega.
Tamaño cartolina e estilo libre.

Premios
1º premio:
Camiseta do EDLG e un libro.
2º premio:
Camiseta do EDLG e material escolar.
3º premio:
Material escolar.

Veña, animádevos a participar!

Deixo aquí algunhas das gañadoras en cursos pasados: