26 nov 2012

Día da Música

O Club de lectura As catro esquinas do Quinto celebrou o día da patroa da música, santa Cecilia (22 de novembro) cun concurso-exposición sobre libros que tratan deste tema.

Tamén elaboraron un boletín con libros recomendados  de temática musical que están á vosa disposición.
Podedes ver as bases, o premio  e o boletín se pinchades aquí.


Déixovos unhas fotos para que  vexades a exposición:











11 nov 2012

Magosto

O día 9 celebramos o magosto no instituto. Foi unha boa ocasión para xuntarnos e asar e comer castañas e chourizos.
Tamén houbo tempo para unhas pachangas de fútbol e parolar un anaco.



























2 nov 2012

Premios do Concurso de Cabazas

O pasado día 31, reunido o xurado (formado por profesores, dous alumnos de 4º ESO e persoal non docente), procedeuse a fallar o resultado do Concurso de Cabazas de Samaín, sendo o resultado o seguinte:

 PREMIO:
Iago Estévez Fernández, de 1º ESO B.
Entrega o premio a súa titora, Paloma.



Velaquí a cabaza gañadora, non é terrorífica?

1º PREMIO

2º PREMIO:
Lara Fernández Sierra, tamén de 1º ESO.


Esta tamén dá medo!

   
2º PREMIO
  
 3º PREMIO:
 Rebeca López López de 1º ESO B.


Esta cabaza é moi xeitosiña, quere disimular que é espeluznante!!!

3º PREMIO
  
No apartado de profesorado, a gañadora foi Almudena Platero:


A súa cabaza é moi corsaria, he he!!
 

   
Noraboa aos gañadores!! 
E a todos os participantes, grazas polo esforzo e seguide colaborando, o seguinte premio pode ser voso!
Vede o resto de cabazas concursantes:

Cabazas de Samaín
 




O alumnado de 1º ESO  tamén elaborou tarxetas de Samn cos seus monstros favoritos.





A expectación durante a entrega de premios foi ben grande.

 

Ademais  destas actividades, o alumnado de 1º ESO, dentro do Proxecto Interdisciplinar, elaborou uns carteis con termos propios de Samaín escritos en galego, francés e inglés:



Déixovos aquí uns exemplos:
 




Gracias, de novo, a todos pola participación, e quedades emprazados para o próximo concurso, que ha ser o de tarxetas de nadal.