25 oct 2014

Defensa das variantes dialectais do galego

Noelia Gómez é a autora deste vídeo, elaborado como traballo para as clases de galego: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». Para desenvolver a súa idea, contou coa colaboración de tres amigos de Imo, no veciño municipio de Dodro. Xunto coa propia Noelia, Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey póñenlle voz a situacións cotiás coas que se atopan no seu día a día, e que lonxe das críticas ás que en máis de unha ocasión tiveron que enfrontarse, revolven empregando a lingua nai, tal e como a mamaron, sen disfraz algún.
 (A voz de Galicia, 25-10-2014)

16 oct 2014

Concurso de carteis e cabazas de Samaín 2014

CONCURSO DE CARTEIS E CABAZAS DE SAMAÍN

Para alumnado e profesorado.

Data límite de entrega:
29 de outubro.

Haberá tres premios para o alumnado
e un para o profesorado:
material escolar e
obxectos de Samaín.

Exporanse no recibidor do centro todas as cabazas  e os mellores carteis participantes.
Recordade que podedes usar distintas técnicas para os carteis: power point, collages, glogster...


ANÍMATE E PARTICIPA!!

Vede aquí as cabazas gañadoras o curso pasado.

Cabaza de Yanira Fernández

Cabaza do profe Javier Mosteyrín


Lembrade tamén que segue aberto o prazo para recoller as lendas de medo para optar ao visionado da película O Apóstolo.




7 oct 2014

Proposta para celebrar O Samaín

O Apóstolo, de Fernando Cortizo
Queredes cambiar dúas clases
por unha sesión de cine?

ESTA VEZ DEPENDE DE VÓS!

O EDLG e o club de lectura “As catro esquinas do Quinto” comprométense a organizar unha sesión de “Cine de Samaín” se conseguen unha participación suficiente do alumnado na recollida ou creación de lendas ou relatos “de medo”. 

Poderán asistir á proxección todas aquelas clases que participen na recollida cun número de TRABALLOS VÁLIDOS igual ou superior a ¼ do número de alumnos desa clase.

TRABALLOS VÁLIDOS:

- Todos os traballos deben cumprir as seguintes condicións:

  • Contido relacionado co sobrenatural .
  • A historia ten que ser comprensible e coherente.
  • Redactados en galego.
  • Sen faltas de ortografía, puntuación ou gramática.
  • Escritos a ordenador e enviados por correo electrónico ao correo das profes.
Á parte diso, os traballos poden ser de dous tipos: 

1. RECOLLIDA de lendas tradicionais ou modernas (“lendas urbanas”) 
  • Poden obterse directamente (familiares, veciños, amigos) ou ben a través doutras recopilacións (antoloxías, páxinas web…) 
  • En calquera caso, deben estar redactadas polo alumno coas súas propias palabras, non copiadas. 
  • Hai que citar a fonte na que se obtivo .

2. CREACIÓN: 
  • Inventar unha historia que teña certo parecido con ese tipo de lendas (interesante o tema da Santa Compaña).
  • Pódense facer en parellas, pero tede en conta que para a asistencia á sesión de cine só conta o NÚMERO DE TRABALLOS, independentemente do número de alumnos que os fixeran. 
ANIMÁDEVOS E VEREMOS A PELÍCULA  O APÓSTOLO, do director Fernando Cortizo. Podedes ver información do film aquí e acá.


1 oct 2014

CURSO 2014-15

Ola a tod@s!

Iniciamos este novo curso académico con nova responsable do Equipo de Normalización: Paloma Losada.

Iniciativa súa é a creación dunha conta en Twitter: ENDL Ferro Couselo  @ENDLFerro. Así que xa sabedes... SEGUÍDENOS!!!