14 feb 2014

Poemas de amor...por san Valentín

Este ano quixemos celebrar o Día do Amor e dos Namorados coa lectura de poemas que falen do amor desde distintos tonos e ópticas, de diversas épocas e autores, e en lingua galega, portuguesa, castelá, en francés e inglés.

O resultado é este video, onde dezasete alumnas e alumnos do noso instituto len un poema de forma improvisada, pódese dicir que captados no momento, sin preparación previa. Espero que vos guste e xa sabedes...

... o  amor, sempre o amor.

13 feb 2014

Tertulia literaria sobre "Faneca Brava"

O día 12 de febreiro tivemos a xuntanza dos nosos alumnos e alumnas de 1º bacharelato para realizar a actividade "Tertulias literarias" no Liceo de Ourense xunto co alumnado do IES Xulio Prieto Nespereira e IES Eduardo Blanco Amor.

A obra sobre a que debatemos foi Faneca brava, de Manuel Portas, autor co que nos xuntamos ao día seguinte.


Houbo distintas opinións sobre a novela. A uns sorprendeulles a situación da muller na etapa da ditadura franquista, as escolas da época, o poder da Igrexa. O tema dos abusos sexuais non deixou indiferente a ninguén. Outros, en cambio, non comprenderon tan ben o tipo de  "vinganza" da curmá Concha, a protagonista da novela. En todo caso, a novela deu para unha boa parola.











Ao día seguinte, no salón nobre do Liceo, Manuel Portas falounos sobre a obra e recibou encantado as vosas preguntas.

Manuel Portas

















Déixovos aquí unha lembranza dalgunhas das súas verbas: