23 may 2014

Festa do Día das Letras Galegas 2014

Celebramos o Día das Letras Galegas 2014 reuníndonos o día 16 no salón de actos para disfrutar dos videopoemas realizados polo alumnado. A continuación houbo a entrega dos premios, tanto destes traballos como dos concursos de carteis e de marcapáxinas. Finalizamos coa actuación do coro, a cargo da directora Mª Rosa Vázquez Vaamonde.




Ana Prieto e Sara Yáñez de 1º bacharelato levaron ex aequo o primeiro premio dos videopoemas:





O segundo premio foi para Ana Yáñez e Sofía García de 3º ESO polo vídeo realizado sobre Noite no mundo.



O terceiro videpoema, sobre Remuíño, foi realizado por Laura Cabrera e Iria Domínguez (ausente no momento da recollida do premio), de 3º ESO.


O resto das participantes neste concurso tamén levou un agasallo dado o bo nivel dos traballos presentados. Podedes velos todos clickando en aquí


Rebeca López, de 2º ESO A, gañou o primeiro premio do concurso de carteis e o de marcapáxinas no nivel de 1º e 2º ESO. 


1º premio da ESO

Marcapáxinas gañador




O coro este curso está formado por Paula Martínez, Ana Rosa Pato, Rebeca López e Rayssa Sabino de Farias de 2º ESO A, sección bilingüe; Noelia Camón, de 2º ESO B; Bárbara Muñiz, de 4º ESO; e Millán Puga e Laura Blanco de 1º Bacharelato. 



Interpretaron catro cancións. A primeira titúlase Siyahamba, un fermoso espiritual zulú.




O segundo tema é Vois sur ton chemin, de B. Coulais.




Como terceira peza, unha popular portuguesa: Milho verde.




Pechamos a festa cunha Canción de berce para unha princesa negra, de A. Rodríguez Sabanés.



Grazas a todos por participar!

21 may 2014

Tertulias literarias: El lector de Julio Verne

O día 14 tivemos no Liceo de Ourense a tertulia do libro de lectura en castelán. Nesta ocasión tratábase dunha novela de Almudena Grandes: El lector de Julio Verne. 


Tivemos sesións preparatorias e mesmo ese día algúns xantamos xuntos para intercambiar opinións. 

Noa, Laura, Juanma

A novela gustoulles e fíxolles reflexionar sobre ese período da postguerra española. Coñeceron a vida dos maquis, a represión, o terror da época e as dificultades de vivir nas Casas Cuartel nos anos corenta, todo a través da visión de Nino, o neno protagonista.

Uxía, Sara, Alba, Ana e Alba

Marta, Raquel, Ilenia e Janett

Laura, Juanma e Noa








15 may 2014

Caligramas para Xosé María Díaz Castro

Algúns alumnos de 4º ESO fixeron uns caligramas inspirándose en poesías de Xosé María Díaz Castro, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.







12 may 2014

Xosé María Díaz Castro. Videopoemas para o Día das Letras Galegas 2014.

Ímosvos presentar os distintos traballos do concurso "Día das Letras Galegas" en soporte informático.

Os dous primeiros pertencen a Ana Prieto Araujo, de 1º Bach. A. Velaquí os tendes.

"Penélope" de Nimbos:



Breve biografía de Díaz Castro:



Ana Yáñez Rodríguez e Sofía García, de 3º ESO A, elaboraron estoutro precioso vídeo sobre o poema  "Noite do mundo" do poemario Nimbos.



Uxía Yáñez e Sheila Míguez, tamén de 3º ESO, fixeron un videpoema baseado den "Coma unha escada" de Nimbos:




Arianna Fernández Vélez, de 3º ESO A,  elaborou este videopoema  "Do novo ceo" de Nimbos:




Iria Domínguez e Laura Cabrera, de 3º ESO A, animáronse co poema "Remuíño", tamén de Nimbos:




Sara Yáñez Outumuro, de 1º bacharelato, animouse con "Penélope", de Nimbos



Bárbara Muñiz Martínez, de 4º ESO, fixo o videopoema sobre "Coma unha espada":




Co poema "Noite no mundo", Sandra González Silva, de 1º bacharelato, fixo este videopoema:




Estupendos traballos! Noraboa a todos os participantes!!



8 may 2014

Visita de Antonio Manuel Fraga

O día 5 recibimos a visita do escritor Antonio Manuel Fraga, quen xentilmente veu falar do seu libro O castañeiro de abril. O alumando de 1º ESO leu este libro e escoitou pola súa boca como naceu a idea da obra. Despois fixéronlle moitas preguntas,  como veredes no segundo vídeo.

Antonio Manuel Fraga






Conferencia do autor:



Neste vídeo podedes ver as preguntas que lle fixeron os alumnos ao final da conferencia: