21 dic 2015

Festival de Nadal 2015

Este curso a celebración do Nadal estivo chea de actuacións memorables no noso habitual festival.
O centro engalanouse para a ocasión coma noutros anos, coa arboriña, un Belén e as tarxetas que participaron no concurso.







Os gañadores do concurso recibiron agasallos:



Pero ademais houbo moitas actuacións: música, baile, acro-sport...pero o más emocionante foi a homenaxe a Xosé Neira Vilas, recentemente falecido. Alumnos do Club de Lectura fixeron unha lectura de momentos da vida de Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego. Todos eles eran Balbino.
Déixovos unhas fotos de todos estes momentos.

















Noraboa a participantes e organizadores! 

E agora quedamos citados para o próximo proxecto "1ooo grúas pola Paz", organizado pola profesora dona Mª Rosa Vázquez, o grupo de papiroflexia e todo o instituto!



Vémonos en xaneiro!