5 feb 2016

Festival do Entroido 2016

O venres 5 de febreiro iniciamos o Entroido cun concurso de máscaras que elaborou o alumnado de 1º da ESO. Despois fixemos o xa noso habitual desfile e concurso de disfraces, que este ano os propios alumnos presentaron como o I Concurso improvisado de disfraces, porque o certo é que non ensaiaron os típicos bailes e coreografías aos que nos tiñan acostumados. Con todo, houbo moitos traxes, algúns elaborados, e mesmo politicamente incorrectos (verdade alumnos de 2º BAC.? Fixeron unha coreografía ben divertida). A festa foi moi animosa, como podedes ver nestas fotos e no vídeo que elaboramos.



























Vídeo do festival:

2 feb 2016

Día Escolar Da Paz e da Non Violencia 2016


Xa vos comentamos na anterior entrada que o grupo de papiroflexia do instituto ao mando da profesora dona Mª Rosa Vázquez, e coa colaboración de toda a comunidade educativa, preparou un proxecto para celebrar o día 30 de xaneiro o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Este proxecto foi elaborar "1000 grúas pola Paz".  O proxecto que iniciou a nena xaponesa Sadako Sasaki (vítima da bomba nuclear de Hiroxima en agosto de 1945) que enfermou de leucemia por efecto da radiación. Toda a historia de Sadako podedes vela nun vídeo que elaborou a profe Paloma para o Club de Lectura e que está na entrada do blog que podedes ver premendo AQUÍ.

O recibidor e a biblioteca do instituto adornáronse coas mil grúas.







Finalmente, o día 1 de febreiro na última hora de clase da tarde xuntámonos todos para falar e compartir esta experiencia, vimos vídeos, e alumnos e alumnas do club de Lectura recitaron os haikus que sobre a Paz crearon para nós.