21 mar 2017

Día Mundial da Poesía 2017

O Club de Lectura do noso instituto realizou dúas actividades para celebrar o Día Mundial da Poesía:
O alumnado seleccionou poemas en castelán e galego, e escribiunos en papeis que deixaron nos parabrisas dos coches aparcados na rúa do instituto. Foi un agradable e inesperado agasallo que atoparon os condutores ó recoller o vehículo.
Velaquí unha mostra desas poesías:



A segunda actividade foi escribir en post-it estrofas de poesías alleas ou propias e pegar os papeliños no taboleiro da entrada do instituto. Alí toda a comunidade escolar puido seleccionar os poemas que foron do seu agrado e levalos ou subilos ó seu instagram. Espertou moita curiosidade e expectación.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.