16 may 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares e "Un polbo xigante"

Para conmemorar este curso o Día das Letras Galegas fixemos varias actividades. Para os de 1º ciclo da ESO e da man da Casa dos Poetas e da súa 4ª Semana Das Letras Galegas, decidimos que na clase de 1º ESO A, os alumnos e alumnas inventaran unha historia a partir dun pequeno fragmento de Un polbo xigante (2000), obra de Carlos Casares. Déuselles a todos un ou dous folios que tamén podían decorar. A actividade gustoulles moito e en parellas realizaron os seguintes textos que vos deixamos a continuación.
Mirade como estaban concentrados na actividade:












Se queredes saber máis cousas sobre este autor ourensán, podedes visitar a páxina da Fundación Carlos Casares.

2 comentarios:

  1. Que historias máis divertidas! Noraboa polo traballo, está xenial!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas!
      Inventar historias non lles disgusta. Só hai que darlles un empuxón.

      Eliminar

Queremos saber a túa opinión.