21 mar 2017

Día Mundial da Poesía 2017

O Club de Lectura do noso instituto realizou dúas actividades para celebrar o Día Mundial da Poesía:
O alumnado seleccionou poemas en castelán e galego, e escribiunos en papeis que deixaron nos parabrisas dos coches aparcados na rúa do instituto. Foi un agradable e inesperado agasallo que atoparon os condutores ó recoller o vehículo.
Velaquí unha mostra desas poesías:



A segunda actividade foi escribir en post-it estrofas de poesías alleas ou propias e pegar os papeliños no taboleiro da entrada do instituto. Alí toda a comunidade escolar puido seleccionar os poemas que foron do seu agrado e levalos ou subilos ó seu instagram. Espertou moita curiosidade e expectación.
















14 mar 2017

Pinturas rupestres nas aulas

O alumnado de 1º ESO participou nunha actividade organizada polo departamento de Ciencias Sociais que nos gustou moito: inspirándose nas pinturas rupestres, os alumnos e alumnas recrearon as imaxes dunha cova prehistórica. O resultado ben se ve: escenas de caza, mans, figuras humanas...
Os murais embelecen as súas aulas.

Ademais escribiron un relato de como sería un día na vida dun humano no paleolítico e no neolítico.

Noraboa a est@s artistas!!













Un exemplo de texto é o de Lucía Rodríguez, de 1º ESOB



8 mar 2017

Día da Muller 2017

Este curso lembramos a todas as mulleres cunha actividade que se ofertou ao alumnado de 1º Bacharelato. Tiñan que elexir a unha muller galega que destacara en calquera ámbito e realizar un vídeo ou un PowerPoint falándonos dela e dos seus logros.

Unha alumna, Nuria Vázquez González, realizou un PowerPoint con datos biográficos da muller da súa elección: María Casares. Esta actriz, falecida en 1996, dá hoxe nome aos Premios de Teatro de Galicia.

Nuria Vázquez

Velaquí o traballo de Nuria:



Outras dúas alumnas, Sofía Pérez e Ana Rosa Pato, de 1º de bacharelato gravaron un vídeo coa súa opinión sobre a pouca visibilidade das mulleres no ámbito público.


Ana Rosa Pato e Sofía Pérez


3 mar 2017

Festival do Entroido 2017

O Entroido chegou ao IES Xesús Ferro Couselo con máis animación e música ca nunca.













Aquí vos deixamos un vídeo que recolle os vosos disfraces e grandes momentos.


Ata o vindeiro Entroido!