22 mar 2019

Concurso "Fotos pola igualdade"

IES Xesús Ferro Couselo (Ourense)


Este curso, o instituto convocou o I concurso fotográfico Creando igualdade ofrecemos o mellor de nós, enmarcado nos actos do Día da  Muller.

Calquera alumno/a podía presentar ata tres fotografías que reflectisen a igualdade de homes e mulleres en distintos ámbitos. Os premios son ben interesantes, e aínda está aberta a presentación. Daremos conta do resultado do certame tralas votacións.







13 mar 2019

A muller na Ciencia


O alumnado de 1º da ESO  elaborou carteis sobre mulleres científicas dentro das actividades programadas polo departamento de Bioloxía para celebrar tanto o Día da Muller como o papel da Muller na Ciencia.










9 mar 2019

Día da Muller 2019

O día oito de marzo é o Día Internacional Da Muller Traballadora. Por segunda vez convoucouse unha folga feminista que foi secundada por practicamente a totalidade do alumnado. En todas as cidades houbo manifestacións  e xuntanzas reclamando o noso dereito á igualdade. 

O instituto, a través do Equipo de Biblioteca, fixo unha pequena exposición baixo a temática da igualdade e as mulleres. Tamén o departamento de Física e Química alentó ao alumnado de 3º ESO a destacar o papel da muller na Ciencia despois da visita ao Campus universitario para conmemorar o Día da muller e a nena na Ciencia durante a  segunda edición de "Exxperimenta en feminino".










O alumnado de 1º bac. está a traballar en presentacións e vídeos sobre mulleres galegas que destacaron ou destacan en diversos eidos.

2 mar 2019

Entroido 2019


Este curso celebramos o Entroido con dúas actividades xa habituais no noso instiotuto: por un lado o concurso de caretas  de entroido entre o alumnado de 1º da ESO; e en segundo lugar o festival con actuacións, bailes, música e deportes.

O primeiro premio recaeu na careta de  David Valado, de 1º ESO B.


O segundo premiado foi Kevin Gómez, de 1º ESO C




Hugo Arribas recibiu o terceiro premio:



Velaquí os tres gañadores:







Os disfraces foron variados:





















Houbo moitas actuacións artísticas:






Bailes:







Batukada:



E aquí tendes un vídeo con anaquiños da maioría das actuacións!
Bo entroido 2019!