20 may 2021

Día da Letras Galegas 2021: Xela Arias (X)

 


A última actividade que realizamos para celebrar o Día das Letras Galegas foi un recreo poético-musical que incluía recitados de poesías de Xela Arias e  un baile colectivo da muiñeira global. Estaba previsto para o día 13 de maio, pero debido ao mal tempo adiámolo para a semana seguinte. Entre os participantes sorteamos agasallos.

Grazas aos departamentos de Lingua Galega e de Educación Física!








18 may 2021

Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (IX)

O alumnado de 2º bacharelato da materia de Educación Plástica e Visual levou a cabo un proxecto en colaboración co EDLG para celebrar o Día das Letras Galegas 2021: tratábase de realizar un cartel sobre Xela Arias que lembrase algún estilo artístico das artes plásticas.

Os resultados foron moi bos e entregamos cinco premios.

O 1º premio recaeu en David Ocampo.




O 2º premio foi para Antía López.



O 3º premio foi para a ilustración de  Ana Dorado.



A profesora de EPV, Dna. Ana Rosa, entregando o premio

Kenia Pérez levou o 4º premio.




5º premio: Noa Iglesias.



Outras das obras participantes:











Parabéns a todos polos traballos! Son magníficos!

17 may 2021

Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (VIII)


Alumnos e alumnas de 3º ESO A e B traballaron para o Plan Proxecta: Donas de si buscando información sobre unha muller que destacase nas Letras ou na cultura galegas; e, dado que este curso o Día das Letras Galegas recaeu nunha muller, investigaron sobre Xela Arias e realizaron ou ben carteis informativos ou ben un documento expositivo en formato papel ou  dixital. 

Foron expostos en maio e houbo premios para os mellores.

Daniela, 3º ESO B

Xiana, 3º ESO B

Emma, 3º ESO A





Tamén se deron agasallos aos mellores traballos dos once alumnos/as de 3º ESO A e B que, dentro do Plan Proxecta Donas de si, escribiron relatos en galego cos que participaron no V Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na modalidade literaria, convocado pola Universidade de Vigo. Estes alumnos e alumnas leron previamente, a cargo da materia de  Bioloxía, o libro Os nenos da varíola, de María Solar, e para este Proxecto Donas de si  escribiron en galego uns relatos onde imaxinaban como sería a vida dos personaxes  no momento en que embarcaban cara a América. Centráronse en Isabel Zendal e a súa viaxe no barco. 

Aínda que xa foi unha actividade realizada nos meses de xaneiro-febreiro, déronselle agora os agasallos dentro do marco das Letras Galegas. A todos e todas, moitos parabéns!

Antón, 3º ESO B

Carla, 3º ESO B

Gabriel, 3º ESO B

Iris, 3ºESO B

Noa, 3º ESO B

Ángel, 3º ESO A





Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (VII). O rap da lingua


Alumnado de 3º ESO  gravou un rap da lingua para celebrar a nosa lingua no Día das Letras Galegas 2021. 
Adicado a Xela Arias, vai por vostede, mestra!

O RAP DA LINGUA:



Outros alumnos e alumnas de 3º ESO C e D, baixo a música do alumno Endika Zabildea, rapearon tamén o famoso poema de Rosalía de Castro Adios ríos, adios fontes.
Bravo!


Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias (VI)


A Denuncia do equilibrio (1986)  foi o primeiro poemario da escritora Xela Arias, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano 2021.

O alumnado que participa no proxecto Aula Verde homenaxeou a escritora facendo  reinterpretacións da portada deste poemario utilizando elementos de reciclaxe. Cos carteis adornamos o noso instituto e participarán no concurso que teñen establecido por aulas no devandito proxecto Aula Verde.

Parabéns! Son espectaculares!











O cartel gañador foi o realizado pola clase de 3º ESO C e todos os alumnos e alumnas recibiron un detalle a cargo co EDLG.
Parabéns!