3 feb. 2017

Tertulias literarias: "As horas roubadas", de María Solar



Un curso máis participamos nestas tertulias que organiza a concellaría de Educación do Concello de Ourense. A participación do alumnado nesta tertulia é voluntaria e vai orientada a alumnado de 4º ESO e/ou 1º bacharelato. Nesta ocasión os lectores que se apuntaron foron nove alumnos/as de 1º Bacharelato e a novela seleccionada en lingua galega foi As hora roubadas, da escritora e xornalista María Solar

Para preparar a tertulia tivemos reunións previas na biblioteca os luns despois do xantar e antes das clases. Alí foron saíndo os temas destacados na novela: o amor de distintas parellas e en etapas diferentes da vida, os malos tratos e a violencia de xénero,  o espertar sexual, a importancia das apariencias etc. Todo enmarcado nunha época concreta, o ano 1979, cando se estaba a tramitar a Lei do Divorcio na incipiente democracia tras a longa ditadura.
Velaquí algunha das nosas relaxadas xuntanzas:
 
Nuria, Cecilia, María e Lucía



O contacto con María Solar foi o día 1 de febreiro no salón nobre do Liceo de Ourense. Ofreceunos nunha conferencia a súa visión sobre a experiencia de escribir e aclarounos canto quixemos sobre As horas roubadas.

María Solar



Cecilia e Nuria

José Manuel e Rebeca

Ao finalizar a charla, asinou os exemplares da obra e departiu amablemente cos alí reunidos.


Ao día seguinte e debido ao gran número de participantes, dividimos os tertulianos en dúas salas. O noso instituto estivo con alumnado do IES Universidad Laboral, o IES As Lagoas e parte dos que viñan do IES Xulio Prieto Nespereira.

A obra gustou moito a todos e falouse animadamente dos temas xa mencionados.

Rebeca, José Manuel, Sofía, Lara e Martín.





Unha vez máis foi esta unha actividade moi satisfactoria.

Quedamos agora emprazados para a vindeira tertulia, que será sobre un libro escrito en castelán. Nesta ocasión é El desorden que dejas, do escritor tamén galego Carlos Montero. Esta novela gañou o Premio Primavera 2016 e fálase dela como un intenso thriller psicolóxico. Podedes ler aquí unha entrevista ao autor.

 Agardamos por vós!
 

24 ene. 2017

Concurso de caretas de Entroido



BASES

  • Concurso aberto a todo o alumnado do Centro.
  • Poderá utilizarse calquera técnica e material na súa confección.
  • O prazo de entrega das máscaras rematará o xoves 16 de febreiro de 2017.
  • O xurado estará formado polos alumnos integrantes do EDLG e profesores e profesoras do centro.
  • As caretas entregaranse na aula de Plástica, debendo figurar o nome e apelidos do autor/a e o curso no que está matriculado.
  • Só se admitirá unha careta por persoa.
  • Farase unha exposición coa selección das máscaras presentadas.

PREMIOS

Haberá tres premios:

Premio á mellor máscara (deseño+elaboración).

Premio ao mellor deseño ou ao máis orixinal.

Premio á máscara máis elaborada.



16 ene. 2017

DÍA DOS NAMORADOS 2017



PORQUE QUEREMOS EN GALEGO


QUÉROTE  PORQUE...

QUÉROTE  PORQUE CONTIGO SEMPRE O PASO BEN

QUÉROTE  PORQUE ES MOI OPTIMISTA    

QUÉROTE  PORQUE  ESTÁS MOI BO

QUÉROTE  PORQUE  ... PORQUE SI

QUÉROTE  PORQUE  ME FAS SENTIR  ILUSIONADO

QUÉROTE  PORQUE  CONTIGO ME SINTO FELIZ

QUÉROTE  PORQUE ES TAN GUAPA COMO BOA PERSOA

QUÉROTE PORQUE TES UNS OLLOS QUE ME FAN TREMER DE PÉS A CABEZA



QUÉROTE  PORQUE  ...

CAL É A TÚA RAZÓN?


ESCRÍBEA  NA CARTOLINA QUE ATOPARÁS EN CONSERXERÍA  E  DEPOSÍTAA NA URNA QUE HAI ALÍ. CON TODAS ELAS ELABORAREMOS UN GRAN CARTEL NA ENTRADA DO INSTITUTO. TES DE TEMPO ATA O DÍA  8 DE FEBREIRO .

NON QUEDES SEN DECLARAR O TEU AMOR!!

22 dic. 2016

Gañadores do concurso das tarxetas de Nadal

O día 21 de decembro entregamos os premios aos gañadores do concurso de Tarxetas de Nadal que se realizou entre o alumnado de 1º da ESO.

O resultado tras as votacións foi o seguinte:

1º Premio:
Gabriel Macías, de 1º ESO B



 2º Premio:
Noa Fernández, de 1º ESO A



3º Premio:
Gael Fernández, de 1º ESO A



 Parabéns aos premiados e grazas a todos os participantes!




 

16 dic. 2016

Tarxetas de Nadal

Un curso máis o alumnado de 1º ESO elaborou tarxetas de Nadal coas que dar os parabéns nestas festas e tamén para escribir nelas bos desexos para o vindeiro ano. Con elas adornamos o recibidor do instituto.

Tras a votación do xurado, os autores das mellores recibirán un agasallo que se lles entregará no festival de Nadal.

Velaquí as obras realizadas:







1 dic. 2016

"Cousas" de Castelao por "Os Quinquilláns Teatro"

Hoxe o alumnado de 3º ESO asistiu á posta en escena da adaptación de Cousas (1926) de Castelao polo grupo Os Quinquilláns. Foi unha actividade organizada pola Concellalía e a Casa da Cultura de Barbadás  e a Editorial Galaxia. Recibiron ademais o agasallo do libro.

A representación gustounos  moito. Os Quinquilláns souberon unir en varios lances moitas das historias e dos personaxes de Cousas, aparecendo O Rifante, A marquesiña, O pai de Migueliño, a siña Sinforosa e moitos outros personaxes que deambulan por esta obra do xenial rianxeiro; como os namorados pillados en falta pola luz eléctrica da escoadra inglesa, os galegos que se atoparon nun porto estranxeiro, o sineiro Martín, o negriño que se afixo a ser galego e tivo morriña en Cuba, Bieito e o seu ichaviño agochado no monte e moitos outros.

A posta en escena e o decorado son espléndidos, o atrezzo moi coidado, e por suposto a soberbia actuación de Lucho Penabade e Tero Rodríguez (elenco e adaptadores da obra de Castelao) fan desta peza teatral unha opción moi recomendable para acercarse a Cousas e ao mundo de Castelao.

Velaquí algunhas fotos da representación e un vídeo da propia Editorial Galaxia:










Lucho Penabade e Tero Rodríguez