27 feb 2018

Concurso de caretas. Entroido 2018

 

O departamento de Educación Plástica e Visual, en colaboración co EDLG, propuxo a actividade de elaborar caretas de Entroido con material de refugallo, con elementos reciclados.  A actividade estaba orientada para o nivel de 1º da ESO baixo a modalidade de concurso. Ampliouse a participación tamén para o alumnado de 2º da ESO.

Os resultados foron espectaculares e, tras  axustada votación, os gañadores foron os seguintes:

1º Premio para esta preciosidade realizada por Naiara Quintas Gómez, de 1º ESO B 




2º Premio: Uxía Valado Seara, de 1º ESO B




 3º Premio: Adrián Martínez Peña, de 1º ESO B.




Mirade outras caretas participantes. Verdade que son espectaculares?














24 feb 2018

Actuacións do Entroido 2018




Como xa explicamos na anterior entrada, o alumnado de 1º de bacharelato organizou o festival do Entroido deste ano.

Velaquí un vídeo que recolle fragmentos dalgunhas desas actuacións. Sentimos non poder recoller todas e con mellor imaxe e son, mais non dispoñemos de medios técnicos para facelo.
Parabéns a todo o alumnado participante e a toda a comunidade educativa.



Charanga: 

20 feb 2018

Festival de Entroido 2018



Debemos empezar esta entrada dando os parabéns ó alumnado de 1º Bacharelato pola magnífica organización do festival do Entroido deste curso. Como cada vez somos máis no centro, decidiuse repartir en dúas quendas a asistencia ós concursos de disfraces e actuacións. Mentres os alumnos e alumnas dos cursos máis baixos  mostraban as súas galas e actuacións no salón de actos, os de terceiro, cuarto e 2ºbacharelato asistían a unha competición de varias probas de habilidade e destrezas por equipos no pavillón de deportes. Os organizadores desta actividade e os coordinadores foron os propios alumnos/as de 1º bacharelato. A continuación cambiaron as tornas. E os maiores foron os que nos ensinaron a súa faceta de esmorgantes e artistas.
Velaquí algunhas fotos e un vídeo coas fotos da festa:




















7 feb 2018

Hashtag #FerroAmor no Día dos namorados



ESTE ANO NO #DíaDosNamorados
  TRIUNFA O #FerroAmor

NO @endlferro



FAI TEU O HASHTAG #FerroAmor 
do #iesFerroCouseloOurense

O 14 DE FEBREIRO


Anímate!
Usa o teu twitter ,
lanza o teu chío
#FerroAmor.
Tamén amor á lingua.