28 nov 2019

Erasmus Plus



O instituto este curso embarcouse nun programa emocionante, unha aventura que ata o da agora foi moi satisfactoria e frutífera: o programa Erasmus Plus. Os nosos socios son centros que pertencen a Ziebice (Polonia) e Aydin (Turquía).

En novembro viñeron visitarnos profesorado e alumnado de ambos países. Os alumnos e alumnas instaláronse con familias do noso alumnado. Houbo un montón de actividades que desde vicedirección e un equipo de traballo organizaron. O tema é a loita contra o acoso escolar co lema Adeus bullying, ola amigo.

Houbo recepcións nos concellos de Barbadás e de Ourense, saídas culturais (a Santiago de Compostela, ao Museo da Gaita...), xornadas gastronómicas (no IES  de Vilamarín), celebramos xuntos o magosto; fixemos a gravación conxunta dun Lip Dub contra o acoso escolar e un festival onde compartimos música galega, algo moi emotivo, pois tocaron conxuntamente cancións galegas profesorado e alumnado visitante e propio.








Velaquí un breve vídeo con algunhas desas cancións que compartiron con nós os visitantes.


Na semana do 3 ao 9 de febreiro seremos nós quen acudamos ao instituto de Ziebice en Polonia para vivir esa experiencia. Será unha inesquecible vivencia tanto para o profesorado como para o alumnado asistente.

26 nov 2019

O magosto

Este ano celebramos o magosto moi ben acompañados. Á xa tradicional xuntaza co alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro, ese curso engadimos o profesorado e alumnado que recibimos do intercambio de  Erasmus Plus de Turquía e Polonia.
A ANPA, coma sempre, engargouse do xantar e organizáronse xogos tradicionais, concursos de sobremesas, castañas asadas, etc.



25 nov 2019

Día contra a violencia de xénero

Este curso o noso IES celebrou con varias actividades o Día contra a violencia de xénero. Unhas foron preparadas pola ANPA e vicedirección e tamén en colaboración co Equipo da biblioteca e o EDLG.

En primeiro lugar montamos un escenario para facernos fotos cunhas lentes moradas e escribimos nun álbum de fotos lemas e desexos para acabar con esta lacra. Despois pegamos nel as fotografías.


Tamén houbo un concurso de relatos ou cancións  para a defensa da igualdade de xénero. Os premios foron camisetas seriegrafiadas con lemas e debuxos que xa fixeran o curso anterior; tamén uns bonos para que mercasen o que quixesen.







Os premiados foron alumnos e alumnas de 1º bacharelato: 
1º premio para Hugo Núñez  e Sara González.


   2º premio: Antía López  e Lara Rodríguez.



         3º premio: Patricia Rivera e Uxía Valencia.





Houbo tamén obradoiros para as familias  e para o alumnado dentro do programa Equality 3.0: Mirarnos con gafas violetas, Internet e as novas tecnoloxías e educación afectivo-sexual.


A ANPA encargou un  graffiti de 2x2m. para adornar un dos muros do recinto con lemas de respecto e igualdade. Quedou precioso!




1 nov 2019

Samaín 2019





Un curso máis celebramos o Samaín  con dous concursos: o de carteis, exclusivo para  1º da ESO, e o de cabazas, onde podían participar alumnado, profesorado e persoal non docente.

Nesta ocasión o voto dos carteis estivo moi disperso, o que indicou o nivel dos carteis concursantes.

O primeiro premio foi para Fabiola Fuenmayor Sánchez, de 1º ESO C:


1º premio

O 2º premio recaeu en María  Quintas Fernández, de 1º ESO B:


2º premio

O terceiro premio levouno  Alba González Martínez, de 1º ESO C.


3º premio
As tres alumnas premiadas:








Este ano o concurso de cabazas non tivo moito éxito porque participaron poucos alumnos e alumnas, e mesmo non houbo ningunha proposta no apartado de profes. A ver se o vindeiro curso se volven animar!

Se no concurso de carteis foron tres rapazas as gañadoras, neste, curiosamente, os premios recaeron en tres alumnos:

1º premio:  Nicolás Ellacuriaga Domínguez, de 1º ESO B


1º premio
O 2º premio foi para o seu irmán Camilo Ellacuriaga Domínguez, de 1º ESO B.


2º premio


O 3º premio recaeu na cabaza de Daniel Araujo Dapia, de 1º ESO A



Velaquí os tres gañadores:



Outras cabazas participantes:







Vémonos o vindeiro Samaín!