25 oct 2014

Defensa das variantes dialectais do galego

Noelia Gómez é a autora deste vídeo, elaborado como traballo para as clases de galego: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». Para desenvolver a súa idea, contou coa colaboración de tres amigos de Imo, no veciño municipio de Dodro. Xunto coa propia Noelia, Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey póñenlle voz a situacións cotiás coas que se atopan no seu día a día, e que lonxe das críticas ás que en máis de unha ocasión tiveron que enfrontarse, revolven empregando a lingua nai, tal e como a mamaron, sen disfraz algún.
 (A voz de Galicia, 25-10-2014)

2 comentarios:

  1. Si, é moi importante aprender a apreciar as variantes da lingua. Aos meus alumnos vigueses tamén lles sorprendía que eu dixera "irmao" ou "eiquí", igual que a mín me sorprendía a gheada e o seseo cando cheguei a Santiago (a pesar de telos estudiado no insti). Co tempo, e sobre todo coñecendo xente doutros sitios, acabas por apreciar as cualidades de cada xeito de falar, que todos teñen o seu encanto.
    E para que apreciedes o encanto doutra das variantes do galego, déixovos aquí a "reacción solidaria e cómplice" que os alumnos de Ribadeo fixeron a este vídeo.
    https://www.youtube.com/watch?v=aGjM_Js_nzg
    E con isto xa temos mostras de dous dos tres grandes bloques dialectais galegos. Alguén se animará algún día a facer un vídeo sobre a variedade que falta...?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se é certo e se animan. Colguei outra entrada co vídeo para que se fixen ben. De non ser así, non sería un bo proxecto para esta primavera? ;-)
      Mil primaveras máis para o galego!!

      Eliminar

Queremos saber a túa opinión.