![]() |
O Apóstolo, de Fernando Cortizo |
Queredes
cambiar dúas clases
por unha sesión de cine?
ESTA VEZ DEPENDE DE VÓS!
O EDLG e o club de lectura “As catro esquinas do Quinto” comprométense a organizar unha sesión de “Cine de Samaín” se conseguen unha participación suficiente do alumnado na recollida ou creación de lendas ou relatos “de medo”.
Poderán asistir á proxección todas aquelas clases que participen na recollida cun número de TRABALLOS VÁLIDOS igual ou superior a ¼ do número de alumnos desa clase.
- Todos os traballos deben cumprir as seguintes condicións:
- Contido relacionado co sobrenatural .
- A historia ten que ser comprensible e coherente.
- Redactados en galego.
- Sen faltas de ortografía, puntuación ou gramática.
- Escritos a ordenador e enviados por correo electrónico ao correo das profes.
Á parte diso, os traballos poden ser de dous tipos:
1. RECOLLIDA de lendas tradicionais ou modernas (“lendas urbanas”)
- Poden obterse directamente (familiares, veciños, amigos) ou ben a través doutras recopilacións (antoloxías, páxinas web…)
- En calquera caso, deben estar redactadas polo alumno coas súas propias palabras, non copiadas.
- Hai que citar a fonte na que se obtivo .
- Inventar unha historia que teña certo parecido con ese tipo de lendas (interesante o tema da Santa Compaña).
- Pódense facer en parellas, pero tede en conta que para a asistencia á sesión de cine só conta o NÚMERO DE TRABALLOS, independentemente do número de alumnos que os fixeran.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.