30 oct 2018

Samaín 2018




Xa chegou un novo Samaín! E de novo os artistas deste instituto participan coas súas obras nos dous concursos convocados: o primeiro é de carteis e para o primeiro ciclo da ESO. O segundo é de cabazas e está aberto a todo o alumnado. Tamén hai unha sección para o profesorado e persoal non docente.
 Tras as votacións, os resultados foron os seguintes:

1º premio de carteis para Jeiko García, de 1ºESO C:

Jeiko


1º premio


2º premio para o cartel elaborado por Rubén Álvarez, Diego Jorge e Gabriel Feijoo, de 2ºESO A.

2º premio

 O terceiro premio foi para a tarxeta de Naiara Quintas, de 2º ESO B.

3º premio

Naiara, Rubén e Diego

No concurso de cabazas o primeiro premio recaeu na obra de David Valado, de 1º ESO B.


David

O segundo premio foi para a cabaza de Patricia Rodríguez, de 2º ESO B.


Patricia
Terceira premiada: Berenice Ferrer, de 1º ESO C.


Berenice

Patricia, David e Berenice.



O primeiro premio das cabazas de profes foi para Mª José, profesora de Física e Química coa súa cabaza de científico tolo.


O segundo premio foi para Diana, profesora de Lingua castelá.


Velaquí as gañadoras!


Noraboa a todos os participantes!
Déixovos fotos doutros carteis e cabazas do concurso.













 



Tamén eu  me animei este curso a realizar un cabaza-dragón!!




Ata o vindeiro Samaín!

18 oct 2018

Cea literaria: "Sen Piedade", de Pedro Feijoo


Inauguramos este curso as ceas literarias do Club de lectura de profes As catro esquinas do Quinto con dous libros: Sen Piedade, de Pedro Feijoo, e Manual para mujeres de la limpieza, de Lucía Berlín.


Xuntámonos o día 11 de outubro e sufrimos ausencias, debido á data, pero a conversa foi intensa, como de costume.
A obra de Pedro Feijoo, autor do que xa limos no club A memoria da choiva e que tanto os gustou, fíxonos pensar nunha historia digna da mellor road movie. Teo e Gordo, os protagonistas, por veces nos sorprenderon, por veces nos irritaron. Intuimos parte da lea, só nos percatamos en parte da outra, imaxinamos a traxedia final. É unha obra, en definitiva, que aconsellamos ao noso alumnado de 4º ESO e Bacharelato.



Pero o mellor estaba por vir, posto que o mércores 16 o propio autor veu presentar a obra na Librería Nobel en Ourense. Por suposto acudimos a escoitar a Pedro e atopamos a un autor sensible, amabilísimo e cercano que nos abriu a porta hacia outra interpretación da obra: Teo e Gordo son os protagonistas, si, pero as dúas mulleres sin voz que marcan ou condicionan os seus comportamentos, e que semellan estar detrás, agochadas, son en realidade as verdadeiras voces que debemos escoitar. Respectar, respectar as decisións das mulleres, quizais sexa unha das mensaxes que extraemos da novela. E aceptar estas decisións aínda que non as comprendamos, aínda que nos manquen. 

Pedro Feijoo tivo a amabilidade e o detalle de  adicarnos dous libros, un para a biblioteca do instituto e outro ao equipo de normalización lingüística.



Foi para min un pracer escoitar a este autor e recoller estas letras en nome do noso instituto.




Agardamos que vos guste a novela, que xa fora recomendada para as lecturas de verán xunto con Os fillos do mar e Os fillos do lume.


1 oct 2018

Fekat Circus


O día 28 de setembro veu visitarnos ao instituto unha representación do Fekat Circus para explicarnos o fermoso e importante labor que fan estes xoves etíopes no seu país con rapaces e rapazas, a moitos deles sacándoos da rúa, co fin de darlles escola, acubillo e alimentos, e ensinarlles o valor do esforzo e da disciplina a través do circo; ademais logran que estes mociños teñan autoestima e unha razón para saír da marxinalidade e para gañar a vida. Contáronnos outras actividades que fan, como as visitas dos pallados aos nenos nos hospitais para arrincarlles un sorriso.

De xira por Europa recalaron en Ourense, onde no Teatro Principal presentaron a obra Move in á que estabamos invitados a asistir.

Foi unha actuación preciosa, onde mostraron as súas habilidades circenses.

Déixovos aquí un vídeo de presentación:




As alumnas Elba, Alba e Laura (1º bacharelato) cos artistas.