28 nov 2019

Erasmus Plus



O instituto este curso embarcouse nun programa emocionante, unha aventura que ata o da agora foi moi satisfactoria e frutífera: o programa Erasmus Plus. Os nosos socios son centros que pertencen a Ziebice (Polonia) e Aydin (Turquía).

En novembro viñeron visitarnos profesorado e alumnado de ambos países. Os alumnos e alumnas instaláronse con familias do noso alumnado. Houbo un montón de actividades que desde vicedirección e un equipo de traballo organizaron. O tema é a loita contra o acoso escolar co lema Adeus bullying, ola amigo.

Houbo recepcións nos concellos de Barbadás e de Ourense, saídas culturais (a Santiago de Compostela, ao Museo da Gaita...), xornadas gastronómicas (no IES  de Vilamarín), celebramos xuntos o magosto; fixemos a gravación conxunta dun Lip Dub contra o acoso escolar e un festival onde compartimos música galega, algo moi emotivo, pois tocaron conxuntamente cancións galegas profesorado e alumnado visitante e propio.








Velaquí un breve vídeo con algunhas desas cancións que compartiron con nós os visitantes.


Na semana do 3 ao 9 de febreiro seremos nós quen acudamos ao instituto de Ziebice en Polonia para vivir esa experiencia. Será unha inesquecible vivencia tanto para o profesorado como para o alumnado asistente.

1 comentario:

  1. O certo é que está sendo unha experiencia que supera con moito o que eu esperaba. A implicación do alumnado e profesorado do centro é total. É todo un privilexio poder ser parte deste proxecto.

    ResponderEliminar

Queremos saber a túa opinión.