O Samaín é unha festa tradicional que se celebra nos primeiros días de novembro coincidindo coa festa de Todos os Santos e de Defuntos. Nesta festa, tamén chamada das Caliveras, elabóranse caveiras nunha cabaza. Na crenza do pobo, servía para afastar os males, ademais de asustar as xentes que viñan do rosario.
Orixe: probablemente veña do costume celta e doutros pobos bárbaros de cortar as cabezas dos inimigos tras a batalla e penduralas diante das portas das murallas, ás veces iluminándoas. Constituía a festa da clase guerreira, en que se veneraba o aspecto sombrío do deus Lug, e que daba paso ó mundo das tebras.
Outras teorías falan dun festival que seica celebraban os celtas, o Samonis, en honor a Samhain, deus da morte, que marcaba o derradeiro día da colleita e o comenzo do inverno; durante esta festa facían fogueiras e ofrendas para espantar os malos espíritos. Crían que na noite do 31 de outubro os espíritos dos mortos regresaban ós seus antigos fogares para visitar os vivos. Estes debían prepararlles alimentos pois, do contrario, podían acontecerlles cousas terribles.
O Cristianismo transformou aquelas festas pagás en festividades cristiás, instaurándose o día de Todos os Santos e o de Fieis Defuntos (1 e 2 de novembro, respectivamente)
A mediados do séc. XVIII, os emigrantes irlandeses católicos empezaron a chegar a USA, e con eles levaron os seus costumes e a súa cultura; tamén crenzas e tradicións, entre elas a festa de Halloween (deformación fonética de “All Hallow’s Eve”, véspera do día de Todos os Santos, 31 de outubro). Esta festa foi, pois, exportada a USA e non ó revés, como moita xente cre, e alí desenvolveuse amplamente a tradición de disfrazarse os nenos e nenas de bruxas e espectros, ofrecendo a alternativa de “doces ou falcatruada”.
Esta festa está moi espallada por outras zonas de España como Aragón, Asturias, León, Zamora; tamén en Portugal e na maioría dos países atlánticos, e de aí exportada a USA.
O autor Rafael López Loureiro ten un libro titulado Samaín: a festa das Caliveras. Ed. Ir Indo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.