A obra de Xulia Alonso provocou moitos comentarios na tertulia. Foi moi satisfactorio comprobar que as opinións eran variadas e o debate, intenso. O día que a autora veu contarnos a súa experiencia deixounos gratamente sorprendidos pola súa cercanía, gran comunicación e sinceras respostas ás precisas, profundas e incisivas cuestións que o alumnado lle presentou. Noraboa a todos! As profesoras implicadas estamos moi satisfeitas cos alumnos e alumnas participantes e agardamos por vós para a seguinte tertulia, esta vez sobre un libro escrito en castelán.
Os profes sempre somos moi rápidos criticando aos nosos alumnos/as: que o estudio, que o respecto, que nada lles interesa, que non sei que... E o certo é que tanta crítica non construtiva é moi perigosa (e cansa).
ResponderEliminarHoxe quero facer o contrario, quero dicir que ESTOU MOI ORGULLOSA dos nosos adolescentes, que déronnos unha grandísima lección do que era saber estar, dialogar, ler, preguntar. Gustaríame que moitos dos políticos de din representarnos, moitas das cadeas de TV que teñen "seudo-programas debate", moita da xente maior que critica aos novos, estiveran o outro día na conferencia de Xulia Alonso: máis de 100 rapaces en silencio, gardando o seu torno de palabra (sen ter que intervir os de profes nin unha soa vez), facendo preguntas moi boas que demostraban o seu interese, a súa profundidade de lectura... Igual que nas tertulias que se ben houbo algún/algunha rapaz/a que case perde os papeis, a maioría do alumnado respectaba a súa quenda ou non seguían os posibles tons "subiditos". Pareceume unha lección de comportamento.
Levo toda a semana encantada porque se hai algo que me motiva é crer na xente nova á que teño que ensinar. E creo neles. E digo eu, serán especiais eses rapaces que van ás tertulias?será porque LEN? ;)
Estou totalmente de acordo contigo, Almudena. E claro que nos podemos sentir orgullosas de certos alumnos e alumnas. Dos que nos escoitan e dos que nos cren cando lles dicimos que nas súas mans está descubrir o mundo das ideas e do pensamento. Son participativos, imaxinativos e críticos. E a lectura ten moito que ver con isto. Que pensarán eles ao respecto?
EliminarOla son Cristina de 4º.
ResponderEliminarEu penso que a lectura si que ten que ver coa capacidade para imaxinar porque ao ler un libro miramos desde un punto de vista diferente as cousas e iso fai que a nosa imaxinación aumente en todos os aspectos.;)
Grazas por compartir a túa opinión connosco, Cristina. E coincido contigo: nada mellor que ler para ver o mundo desde diversas perspectivas. Xa sabes, ler é un vicio marabilloso, nunca o deixes!!!
Eliminar