DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012:
VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987)
![]() |
Valentín Paz Andrade |
CONCURSO LITERARIO:POESÍA E NARRATIVA
BASES:
1. Establécense dúas categorías:
a)Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO.
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
2. Os traballos estarán escritos en lingua galega. O tema será libre.
3. A extensión mínima da poesía é de 15 versos e para os traballos de narrativa, tres páxinas por unha cara.
4. Presentaranse grampados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.
5. Os traballos entregaranse na conserxería do instituto até o día 11 de maio, inclusive.
6. PREMIOS: Haberá dous premios por categoría e xénero. Os premios poden quedar desertos.
1º Premio: 1 MP3
2º Premio: 1 lote de libros e/ou material escolar.
7. O xurado estará composto polos departamentos de galego e castelán e pola coordinadora do EDLG.
CONCURSO DE CARTEIS
BASES:
1. Establécense dúas categorías:
a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
2. O tema será alusivo ao Día das Letras Galegas .
3. Será realizado sobre cartolina, en tamaño cartolina e con técnica libre, valorándose a orixinalidade e a dificultade do mesmo.
4. Presentaranse enrolados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.
5. Os carteis entregaranse na conserxería do instituto até o día 11 de maio, inclusive.
6. PREMIOS: Haberá dous premios. Os premios poden quedar desertos.
1º Premio: 1 MP3
2º Premio: 1 lote con libros e/ou material escolar
7. O xurado estará composto polos departamentos de galego e plástica e pola coordinadora do EDLG.
8. Os premios entregaranse o día 18 de maio.
PARA O FOMENTO
DA LINGUA GALEGA
DESEÑA CON EL O TEU MARCADOR
DE PÁXINAS E NÓS LEVARÉMOLO
A IMPRIMIR PARA REPARTILO
ENTRE TODO O ALUMNADO E PROFESORADO.
Entrégao co teu nome ás profesoras de galego.
Data límite: 15 de maio.
Único premio para o marcador seleccionado:
un MP4 .
Entrega do premio e reparto de marcadores: o 18 de maio.
Tiñamos que imitarvos pero nós só imos facer o concurso de carteis. Copiámosvos as bases pero tivemos que introducir cambios porque non podemos facer eses regalos. Grazas.
ResponderEliminarPois a eles os Mp3 e Mp4 parécenlles xa cousa do pasado :/
EliminarDe todos modos, hainos baratiños. Este ano o que semella xerar interese é o concurso dos lemas para camisetas. Xa veremos que pasa!