25 abr 2014

Concursos Día das Letras Galegas 2014. Bases

Xosé María Díaz Castro

CONCURSO USANDO TECNOLOXÍA INFORMÁTICA

BASES:
1) Opcións: a) Idea unha campaña de promoción do Día Das Letras Galegas ou ben co obxectivo de incentivar o uso do galego. Elabora con esa idea un vídeo (podes usar Movie Maker ou Dotsub, por exemplo).

b)Tamén pode ser un vídeo coa biografía de Xosé María Díaz Castro, ou recitando un poema seu, ou ben podes facer un videopoema con imaxes e subtítulos.

2) Envía o enlace do vídeo en youtube á coordinadora do EDLG antes do día 9 de maio.

3) Haberá tres premios, consistentes en libros, material escolar y un pendrive. Os vídeos colgaranse no blog O galego do Quinto.

Ademais, se hai un número suficiente de videos e con certa calidade, serán presentados á comunidade escolar o día 16 de maio nas dúas últimas horas de clase, xunto coa entrega de premios.

4) O xurado estará composto por profesorado.


CONCURSO DE CARTEIS

BASES:

1) Establécense dúas categorías:
a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de  Bacharelato.

2) O tema será alusivo ao Día das Letras Galegas , e debe levar algún texto escrito en galego.

3)Será realizado sobre cartolina, en tamaño cartolina e con técnica libre, valorándose a orixinalidade e a dificultade do mesmo.

4)Presentaranse enrolados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

5) Os carteis entregaranse na conserxería do instituto até o día 9 de maio, inclusive.

6) PREMIOS: Haberá tres premios. Os premios poden quedar desertos.

1º Premio: 1 lote con libros e  material escolar.
2º Premio: 1  libro e material escolar.
3º premio: material escolar.

7) O xurado estará composto polos departamentos de galego e plástica e pola coordinadora do EDLG.

8) Os premios entregaranse o día 16 de maio.

Cartel gañador da ESO o curso pasado:


Cartel gañador o curso pasado na categoría de bacharelato:



CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Deseña o teu marcapáxinas cun lema para o fomento da lingua galega ou ben sobre Xosé María Díaz Castro. O marcapáxinas gañador será impreso e repartirase entre alumnado e profesorado. Haberá un premio consistente en libros e material escolar.
Último día de entrega: 9 de maio.
Presentación do marcapáxinas e entrega do premio: 16 de maio.

Marcapáxinas gañador o curso pasado:

Jéssica Fernández

Jéssica Fernández


PARTICIPADE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.