23 may 2014

Festa do Día das Letras Galegas 2014

Celebramos o Día das Letras Galegas 2014 reuníndonos o día 16 no salón de actos para disfrutar dos videopoemas realizados polo alumnado. A continuación houbo a entrega dos premios, tanto destes traballos como dos concursos de carteis e de marcapáxinas. Finalizamos coa actuación do coro, a cargo da directora Mª Rosa Vázquez Vaamonde.




Ana Prieto e Sara Yáñez de 1º bacharelato levaron ex aequo o primeiro premio dos videopoemas:





O segundo premio foi para Ana Yáñez e Sofía García de 3º ESO polo vídeo realizado sobre Noite no mundo.



O terceiro videpoema, sobre Remuíño, foi realizado por Laura Cabrera e Iria Domínguez (ausente no momento da recollida do premio), de 3º ESO.


O resto das participantes neste concurso tamén levou un agasallo dado o bo nivel dos traballos presentados. Podedes velos todos clickando en aquí


Rebeca López, de 2º ESO A, gañou o primeiro premio do concurso de carteis e o de marcapáxinas no nivel de 1º e 2º ESO. 


1º premio da ESO

Marcapáxinas gañador




O coro este curso está formado por Paula Martínez, Ana Rosa Pato, Rebeca López e Rayssa Sabino de Farias de 2º ESO A, sección bilingüe; Noelia Camón, de 2º ESO B; Bárbara Muñiz, de 4º ESO; e Millán Puga e Laura Blanco de 1º Bacharelato. 



Interpretaron catro cancións. A primeira titúlase Siyahamba, un fermoso espiritual zulú.




O segundo tema é Vois sur ton chemin, de B. Coulais.




Como terceira peza, unha popular portuguesa: Milho verde.




Pechamos a festa cunha Canción de berce para unha princesa negra, de A. Rodríguez Sabanés.



Grazas a todos por participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.