3 feb 2017

Tertulias literarias: "As horas roubadas", de María Solar



Un curso máis participamos nestas tertulias que organiza a concellaría de Educación do Concello de Ourense. A participación do alumnado nesta tertulia é voluntaria e vai orientada a alumnado de 4º ESO e/ou 1º bacharelato. Nesta ocasión os lectores que se apuntaron foron nove alumnos/as de 1º Bacharelato e a novela seleccionada en lingua galega foi As hora roubadas, da escritora e xornalista María Solar

Para preparar a tertulia tivemos reunións previas na biblioteca os luns despois do xantar e antes das clases. Alí foron saíndo os temas destacados na novela: o amor de distintas parellas e en etapas diferentes da vida, os malos tratos e a violencia de xénero,  o espertar sexual, a importancia das apariencias etc. Todo enmarcado nunha época concreta, o ano 1979, cando se estaba a tramitar a Lei do Divorcio na incipiente democracia tras a longa ditadura.
Velaquí algunha das nosas relaxadas xuntanzas:
 
Nuria, Cecilia, María e Lucía



O contacto con María Solar foi o día 1 de febreiro no salón nobre do Liceo de Ourense. Ofreceunos nunha conferencia a súa visión sobre a experiencia de escribir e aclarounos canto quixemos sobre As horas roubadas.

María Solar



Cecilia e Nuria

José Manuel e Rebeca

Ao finalizar a charla, asinou os exemplares da obra e departiu amablemente cos alí reunidos.


Ao día seguinte e debido ao gran número de participantes, dividimos os tertulianos en dúas salas. O noso instituto estivo con alumnado do IES Universidad Laboral, o IES As Lagoas e parte dos que viñan do IES Xulio Prieto Nespereira.

A obra gustou moito a todos e falouse animadamente dos temas xa mencionados.

Rebeca, José Manuel, Sofía, Lara e Martín.





Unha vez máis foi esta unha actividade moi satisfactoria.

Quedamos agora emprazados para a vindeira tertulia, que será sobre un libro escrito en castelán. Nesta ocasión é El desorden que dejas, do escritor tamén galego Carlos Montero. Esta novela gañou o Premio Primavera 2016 e fálase dela como un intenso thriller psicolóxico. Podedes ler aquí unha entrevista ao autor.

 Agardamos por vós!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.