8 mar 2017

Día da Muller 2017

Este curso lembramos a todas as mulleres cunha actividade que se ofertou ao alumnado de 1º Bacharelato. Tiñan que elexir a unha muller galega que destacara en calquera ámbito e realizar un vídeo ou un PowerPoint falándonos dela e dos seus logros.

Unha alumna, Nuria Vázquez González, realizou un PowerPoint con datos biográficos da muller da súa elección: María Casares. Esta actriz, falecida en 1996, dá hoxe nome aos Premios de Teatro de Galicia.

Nuria Vázquez

Velaquí o traballo de Nuria:



Outras dúas alumnas, Sofía Pérez e Ana Rosa Pato, de 1º de bacharelato gravaron un vídeo coa súa opinión sobre a pouca visibilidade das mulleres no ámbito público.


Ana Rosa Pato e Sofía Pérez


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.