O día 30 de marzo, as alumnas e alumnos de 4º ESO e 2º BAC. realizaron un percorrido polo Ourense literario, visitando, entre outras cousas, as casas natais de insignes escritores ourensáns, como Otero Pedrayo, Risco ou Lamas Carvajal e na que viviu Blanco-Amor. Seguindo as súas pegadas podemos coñecer mellor a súa obra e os lugares que os inspiraron.
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense). 2010-2021
30 mar 2011
25 mar 2011
Día da Poesía
Celebramos o Día da Poesía cunha exposición de poemarios en galego e castelán. Despois alumnado e profesorado pegaron no taboleiro poemas da súa elección.
4 mar 2011
ENTROIDO 2011
O día 4 de marzo festexamos o comenzo das festas do Entroido. Que ben o pasamos! Que sobremesas tan saborosas! E que dicides dos disfraces? Para todos os gustos, elaborados e máis chafalleiros, pero todos moi logrados. Que non? Védeo:
Semana das curtametraxes galegas
Do 28 de febreiro ao 3 de marzo celebramos a Semana das curtas e videoclips galegos. As pelis estaban moi ben e podedes ver os títulos e as sipnoses na seguinte páxina:
A actividade estaba organizada polo EDLG do IES Audiovisuais de Vigo para os centros de ensino galegos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)