26 jun 2014

"Retrincos" en cómic

Un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO puxo en imaxes os relatos de Retrincos de Afonso R. Castelao. Son verdadeiras historias gráficas que editamos en vídeo. Esperemos que vos gusten tanto coma a nós. 

O Segredo, versión gráfica de Sheila Míguez, Uxía Yáñez e Alejandro Rodríguez.




O inglés, versión "moi libre" de  Álex Carballo,  Anxo Fernández, Adrián García e Jorge Fernández.




Peito de Lobo, realizado por Ainoha Quintas, Xoel Rivas e Nerea Sastre.



O Retrato, feito por Arianna, Ana Y., Sofía e Inés.




Sabela, cómic realizado por Laura Cabrera, Iria Domínguez, José Ángel Borrajo e Jorge Cid.



Noraboa a estes artistas!


Con estes traballos rematamos este curso escolar. 
Grazas a todos os que participastes nas actividades, traballos, lecturas, etc. 
E xa sabedes, no verán... lecturas en galego.
Saúdos!!

23 jun 2014

Obradoiro de papiroflexia

O departamento de matemáticas organizou un obradoiro de papiroflexia a cargo da profesora dona María Rosa Vázquez (tamén integrante do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, EDLG), para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Durante o terceiro trimestre, e ocupando varios recreos semanais, alumnos interesados na papiroflexia aprenderon a complexa arte do Origami. Habilidade, paciencia e atención son imprescindibles para levar a cabo as creacións en papel, sen tesoiras nin adhesivo. De paso os alumnos tamén aprenderon xeometría. 

O resultado de meses de traballo foi exposto no recibidor do instituto. Noraboa ao grupo!


Obradoiro de papiroflexia





















18 jun 2014

Roteiro de "A Esmorga" 2014

O día 16 un grupo de alumnos de 4º ESO participou no roteiro polos espazos urbanos nos que transcorre a novela de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Foron localizando os azulexos que nos lembran momentos importantes da historia de O Bocas, O Milhomes e o Cibrán pola cidade de Auria. Algúns alumnos leron uns pequenos fragmentos e fixemos un vídeo que vos deixamos aquí, xunto con algunha foto.
Tamén podedes ver outros vídeos de anos pasados clicando en aquí e acá.















5 jun 2014

Cea literaria de profes

A última cea literaria de profes do Club de Lectura tiña como obxectivo xuntarnos para debater sobre o libro de Berta Dávila, O derradeiro libro de Emma Olsen, que recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol 2013.

O  derradeiro libro de Emma Olsen

Houbo opinións variadas, pero en conxunto pareceunos unha obra cunha técnica moi depurada, aínda que quizais a obra adolece de trasmitir verdadeira emoción.



Estamos encantadas de que as compañeiras que xa non están no instituto sigan comprometidas co noso club de lectura. Unha forte aperta a todas elas! 

E xa estamos a ler o próximo libro: O tradutor cléptómano, de Dezsö Kosztolányi.

O tradutor cleptómano