O club de lectura do instituto As 4 esquinas do Quinto realizou unha dobraxe adaptada ao galego dunha curtametraxe de Tim Burton,Vincent, como presente para celebrar o Día das Letras Galegas.
Segundo poñen no seu blogue, "é unha curta que fala da influencia da literatura na vida: Vincent
Malloy, coma un moderno Quixote, le tanto que remata por non diferenciar moi
ben as súas fantasías da realidade. Só que el non le libros de cabalería; non,
el é un fervente afeizoado ás terroríficas historias de Edgard Allan Poe,
algunhas das cales foron interpretadas no cine por un actor chamado Vincent Price".
O EDLG participou na tradución adaptada. Velaquí o resultado, digno de atención pola vosa parte:
Vincent en galego from AA on Vimeo.