Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Namorados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Namorados. Mostrar todas las entradas

14 feb 2019

Día dos Namorados


Que mellor maneira que manifestar o noso amor que facelo a través de fermosas palabras dos nosos autores!

O alumnado do noso instituto seleccionou poemas de amor de varios autores e autoras galegos. Despois algúns alumnos do EDLG montaron con eles un mural  no vestíbulo do centro para que toda a comunidade escolar poida gozar deles.

O amor abrangue moitos campos da nosa vida. En calquera deles... amade moito!

Feliz Día do Amor e dos Namorados!













Ademais o Equipo da Biblioteca tivo a idea de axudarnos a dicir esas fermosas palabras de amor con poemas en diversas linguas. Como dixemos, se tes a persoa, nós ofrecémosche as palabras de amor para que llas ofrezas.







Tamén adornamos as cristaleiras do instituto con corazóns que contiñan frases de cancións de amor.




7 feb 2018

Hashtag #FerroAmor no Día dos namorados



ESTE ANO NO #DíaDosNamorados
  TRIUNFA O #FerroAmor

NO @endlferro



FAI TEU O HASHTAG #FerroAmor 
do #iesFerroCouseloOurense

O 14 DE FEBREIRO


Anímate!
Usa o teu twitter ,
lanza o teu chío
#FerroAmor.
Tamén amor á lingua.

16 ene 2017

DÍA DOS NAMORADOS 2017



PORQUE QUEREMOS EN GALEGO


QUÉROTE  PORQUE...

QUÉROTE  PORQUE CONTIGO SEMPRE O PASO BEN

QUÉROTE  PORQUE ES MOI OPTIMISTA    

QUÉROTE  PORQUE  ESTÁS MOI BO

QUÉROTE  PORQUE  ... PORQUE SI

QUÉROTE  PORQUE  ME FAS SENTIR  ILUSIONADO

QUÉROTE  PORQUE  CONTIGO ME SINTO FELIZ

QUÉROTE  PORQUE ES TAN GUAPA COMO BOA PERSOA

QUÉROTE PORQUE TES UNS OLLOS QUE ME FAN TREMER DE PÉS A CABEZA



QUÉROTE  PORQUE  ...

CAL É A TÚA RAZÓN?


ESCRÍBEA  NA CARTOLINA QUE ATOPARÁS EN CONSERXERÍA  E  DEPOSÍTAA NA URNA QUE HAI ALÍ. CON TODAS ELAS ELABORAREMOS UN GRAN CARTEL NA ENTRADA DO INSTITUTO. TES DE TEMPO ATA O DÍA  8 DE FEBREIRO .

NON QUEDES SEN DECLARAR O TEU AMOR!!

14 feb 2014

Poemas de amor...por san Valentín

Este ano quixemos celebrar o Día do Amor e dos Namorados coa lectura de poemas que falen do amor desde distintos tonos e ópticas, de diversas épocas e autores, e en lingua galega, portuguesa, castelá, en francés e inglés.

O resultado é este video, onde dezasete alumnas e alumnos do noso instituto len un poema de forma improvisada, pódese dicir que captados no momento, sin preparación previa. Espero que vos guste e xa sabedes...

... o  amor, sempre o amor.

2 feb 2013

Concurso Día dos Namorados


Lémbrovos que está aberta a convocatoria do concurso "Día dos Namorados"

SABEMOS QUE SABES DICIR PRECIOSAS FRASES DE AMOR, PERO…
ES CAPAZ DE ESCRIBIR A CARTA DE AMOR OU A DECLARACIÓN MÁIS CURSI POSIBLE? 






ESTE NON É UN CONCURSO CALQUERA, AQUÍ PREMIAMOS A CARTA OU DECLARACIÓN DE AMOR MÁIS PASTELEIRA, MÁIS RIDÍCULA E ESTOXADIZA DO MUNDO!!!

O PREMIO SERÁ UN LOTE COMPOSTO DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E ALGÚN DETALLIÑO MÁIS.
Data límite de entrega: luns 11 de febreiro.
Entrega de premios: xoves 14 no 2º recreo.


16 feb 2012

Premiados "Día dos Namorados"

       O noso concurso para o Día dos Namorados tivo éxito sobre todo entre o alumnado da ESO. Está visto que os maiores toman as cousas demasiado en serio e non se animaron a redactar a carta de amor máis pasteleira e cursi do mundo. Sen embargo, o noso xurado (composto por cinco profesoras de diversas materias), tivo material abondo para escoller. A final foi apertada, quedando como gañadores:

1º premio para Bruno Castro, de 3º ESO A
2º premio para Ana Yáñez, de 1º ESO A
3º premio para Iria Domínguez, de 1º ESO A.

Velaquí os felices gañadores:

Bruno diante da súa carta-corazón gañadora
Ana e a súa carta adornada con dous corazóns

Iria ante a súa carta rosa




5 feb 2012

Día dos Namorados 2012

   SABEMOS QUE SABES DICIR PRECIOSAS FRASES DE AMOR, PERO…
ES CAPAZ DE ESCRIBIR A CARTA DE AMOR OU A DECLARACIÓN MÁIS CURSI POSIBLE?

 ESTE NON É UN CONCURSO CALQUERA, AQUÍ PREMIAMOS A CARTA OU DECLARACIÓN DE AMOR MÁIS PASTELEIRA, MÁIS RIDÍCULA E ESTOXADIZA DO MUNDO!!!
   O PREMIO SERÁ UN LOTE COMPOSTO DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E ALGÚN DETALLIÑO MÁIS.
Data límite de entrega: luns 13 de febreiro.
Entrega de premios: martes 14 no 2º recreo.

15 feb 2011

Día do namorados

Concurso de piropos amorosos ou declaracións de amor.
Gañadoras:





Rebeca Jorge e Cristina Reguera