21 dic 2017

Concurso de Tarxetas de Nadal 2017



 Gústavos a nosa árbore de nadal? Realizouna con libros a profe Pilar, que tamén é este curso a encargada da Biblioteca e membro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Con esta arboriña e as tarxetas participantes no xa tradicional concurso de tarxetas de Nadal para o primeiro ciclo da ESO, adornamos o recibidor do instituto.




 O xurado estivo formado coma sempre por todo o profesorado e o persoal non docente que quixo votar. A entrega de premios foi o mércores día 20, sendo os premiados os seguintes alumnos e alumna:

1º premio para a tarxeta de Rubén Álvarez Rodríguez, de 1º ESO A.



2º Premio: Adrián Martínez Peña, de 1º ESO B



3º premio: Lucía Rodríguez Fernández, de 2º ESO B.




Velaquí os tres alumnos premiados. Parabéns!

 
 









Feliz Nadal a todos e que o 2018 veña cargado de optimismo, saúde e felicidade!



29 nov 2017

Día contra a violencia machista



O alumnado de 2º de bacharelato, colaborando coa Concellaría de Igualdade do Concello de Barbadás (Ourense),  encargouse de levar a cabo unha actividade contra a violencia machista. Eles foron os mestres de cerimonia e ademais os encargados de falar ao alumnado dos outros cursos e niveis desta lacra que afecta a mulleres e nenos de calquera clase social. Ademais elaboraron uns carteis e un pináculo que recollía testemuñas de mulleres afectadas pola violencia machista. Falouse tamén dos micromachismos, menos evidentes na percepción de moitas persoas, e das condutas de control que xorden na adolescencia.

Noraboa por esta fermosa iniciativa!






21 nov 2017

Magosto 2017

O luns 20 de novembro celebramos no noso instituto a festa dos Magostos. Por segundo ano veu pasar a tarde connosco o alumnado de 6º de primaria dos CEIP Filomena Dato e o CEIP O Ruxidoiro de Barbadás, centros adscritos ao noso IES. Foi unha bonita tarde chea de xogos tradicionais e de comida campestre. Non faltou a fogueira coas castañas asadas.
Aquí vos deixo algunhas fotos.




















31 oct 2017

SAMAÍN 2017



Xa chegou un novo Samaín ao instituto! Coas tarxetas e cabazas que se presentaron a concurso adornamos o recibidor do centro e procedeuse á votación.





Os gañadores dos apartados foron os seguintes:

CONCURSO DE TARXETAS  (1º ciclo da ESO)

1º premio para Uxía Valado, de 1º ESO B.




2º premio para Naiara Quintas, de 1º ESO B.



3º premio ex aequo para  Patricia Rodríguez, de 1º ESO B, e para Pepe Rodríguez, de 2º ESO B.





CONCURSO DE CABAZAS E ESCENARIOS TERRORÍFICOS

1º premio para  Tania Gómez, de 1º ESO B.



2º premio para  Miguel Duvan Donneys, de 1º ESO B.







CONCURSO DE CABAZAS
DO PROFESORADO/PERSOAL NON DOCENTE

1º premio para Noemi, profesora de matemáticas.


2º premio para Mª José, profesora de Física e Química.


O concurso suscitou moito interese!



Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas a tódolos participantes!