25 may 2012

Festa do Día das Letras Galegas e premiados 2012

    O pasado día 21 festexamos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades en honor de D. Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano.
Reunidos no salón de actos, comenzamos escoitando a biografía cantada que alumnado e profesorado do CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra) fixeron e que temos colgada noutra entrada deste blogue. 





A continuación, alumnos e alumnas do Club de Lectura As catro esquinas do Quinto puxeron en escena unha pequena representación sobre datos da vida de Valentín Paz Andrade e leron algúns poemas seus. Titúlase Don Valentín Paz, non o santo. Temos que dicir que a súa viaxe a Bruxelas impediulles ensaiar o necesario, así que nos rogan que sexamos indulxentes con eles; ademais unha das actrices tivo que ser substituída inesperadamente ese mesmo día por outro alumno. Con todo, a obra representouse e gravamos un vídeo coa actuación, pero tivemos uns "problemiñas" técnicos que ocasionaron que a lectura do último poema quedase recollido só a medias. Pedimos disculpas aos afectados por isto.

Velaquí os participantes na obra:

Reparto da obra de teatro


Reparto:
Sabichona: Nerea Sastre (1º ESO)
Pasota: Marcos García (2º ESO)
Pelota: Alba Mª Freire (3º ESO)

Recitadores por orde de aparición:
Tania Cuíñas (3º ESO)
Rodrigo Torres (2º ESO)
Iago Fernández (3º ESO)
Juan Lamas (3º ESO)
Sofía García (1º ESO)
Ana Prieto e Bruno Castro (3º ESO) 

Guión: Begoña Calvo
Dirección: Almudena Platero. 





Noraboa a todos eles!!

E agora aquí vos deixo a listaxe dos premiados nos distintos concursos:

1º premio de carteis:
Sheila Míguez (1º ESO)




2º premio de carteis:
Arianna Fernández (1º ESO)




Accésit concurso de carteis:
Iria Domínguez (1º ESO)




Accésit concurso de carteis:
Uxía Yáñez (1º ESO)




No concurso de lemas para camisetas a gañadora foi Arianna Fernández de 1º ESO.

A Claudia Silva, tamén de 1º ESO, o xurado concedeulle un accésit no concurso de marcapáxinas cun lema para o fomento da lingua galega, quedando o primeiro premio deserto. Noraboa a ela tamén.



Finalmente, Iago Sousa de 2º ESO gañou un pequeno concurso de aula que consistía na normalización da Carta de Prezos da cafetería cun deseño sinxelo e claro, da que se fixeron varios exemplares que foron plastificados e colocados na cafetería. Parabens!


Temos que sinalar que non sabemos que pasou este ano, pero os concursos literarios non obtiveron a resposta desexada, quedando os premios desertos.

Despois da entrega de premios estivemos xogando a un concurso de preguntas e respostas sobre a vida e obra de  Valentín Paz Andrada, sendo a xefa de estudos, Amalia, a condutora e moderadora do concurso.

   

E para rematar, aquí tendes fotos doutros carteis realizados para o concurso.











16 may 2012

Biografía cantada de V. Paz Andrade

     Quero que vexades esta actividade que fixeron os alumnos e alumnas de CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra). Gravaron unha biografía cantada de Valentín Paz-Andrade. Como eles din "o título da canción, Oitenta e nove mil primaveras, é unha homenaxe implícita aos 89 anos de vida do autor homenaxeado e tamén ao epitafio de Cunqueiro".  Fixádevos no estribillo: "rapaces, mirade! Onde pode chegar...? Un pensamento con ganas de soñar..."




Non vos parecen estupendos traballos coma estes!!

11 may 2012

A Romaría Etnográfica de Vilanova dos Infantes

   Todos os 17 de maio, e para festexar o Día das Letras Galegas, celébrase na vila ourensá de Vilanova dos Infantes a Romaría Etnográfica Raigame. Ese  día, a vila na que naceu a nai do poeta Manuel Curros Enríquez e en cuxa lenda da Virxe do Cristal se inspirou para compoñer o seu famoso poema, acolle a multitude de persoas que se acercan para ver como nas súas rúas volven soar cantigas case esquecidas, gaitas e pandeiretas; tamén os oficios tradicionais móstranse aos visitantes: hai  zoqueiros, cesteiros, oleiros, teceláns, ferreiros, palilleiras... cada un ensinando os seus trebellos e habilidades. Poderedes mercar obxectos de artesanía: colares e pulseiras de coiro, pendentes de cerámica e mil adornos máis; tamén roupa de liño ou obxectos para o fogar. 
Outra actividade interesante é participar en xogos tradicionais como a chave, os zancos, tirar do carro, etc.

E como en toda festa galega, a gastronomía é fundamental: instálanse carpas onde se serven polbo á feira, churrasco, carne ao caldeiro, empanadas, bica, todo tipo de doces... e por suposto bo viño galego. Tamén en moitos baixos das casas e adegas hai instaladas pequenas tascas onde se venden diversas viandas.

Podemos ademais visitar o Centro Comarcal, instalado na torre do castelo, onde se fai unha interpretación das características da zona e, moitas veces, exposicións de artistas.

Animámosvos a que o vindeiro día 17 de maio visitedes esta vila que está ao ladiño mesmo de Celanova. Pasarédelo moi ben! E ademais,  desde o pasado 22 de marzo é considerada «Festa de Interese Turístico de Galicia», distinción concedida pola Xunta de Galicia.


E aquí vos deixo o vídeo que montei con fotos da miña asistencia á Romaría outros anos e mesmo pequeniñas escenas que gravei dalgúns traballos artesáns. Agardo que vos guste!!




Poño tamén un vídeo da TVG sobre esta Romaría Raigame:





Castelo de Vilanova dos Infantes (Ourense)


Igrexa da Virxe do Cristal

A Virxe do Cristal

Manuel Curros Enríquez

1 may 2012

Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Valentín Paz Andrade
Avogado, escritor e activista político, Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra). Faleceu o 19 de abril de 1987.
Estudou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito en Santiago. Ao rematar os seus estudos dirixe o diario 'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte.
En 1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura).  En 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galecidade na obra de Guimarães Rosa.
Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc).
En 1977 foi elexido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.
Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos periodísticos. Como xurista amosou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías, Los derechos sobre el espacio marítimo.


OBRAS:

Poesía

Pranto Matricial

  • Pranto matricial (1955). Neste poemario evoca a muerte de Castelao e xa foi reeditada en 1975 en cinco linguas.
  • Sementeira do vento (1968). Canta a paisaxe e a gente galega, ademáis do exilio e o amor ausente.
  • Cen chaves de sombra (1979).
  • Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo
  • (1985).

Sementeira do vento
Cen chaves de sombra










Ensaio literario, histórico e económico

  • Galicia como Tarea (1959).
  • La anunciación de Valle-Inclán (1967).
  • La marginacíón de Galicia (1970).
  • A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).
  • Castelao na luz e na sombra (Edicións do Castro, 1982).
  • Galiza lavra a sua imagem (1985).


Escribiu  tamén moitos ensaios sobre temas pesqueiros, coma:
  • Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema (1928).
  • Producción y fluctuación de las pesquerías (1954).
Paz Andrade amosa tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do Estado galego e Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978).
Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada Castelao na luz e na sombra (1982).


Foi membro da Real Academia Galega (1964) e da  Academia Galega das Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), a Medalla da Cidade de Pontevedra (1979), a Medalla Castelao (1984), a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (1986) e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).

(Estes datos están tomados de:

Podedes consultar datos sobre a súa vida e obra en: