Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas

18 may 2011

ARREDOR DE LOIS PEREIRO

VÍDEO QUE RECOLLE A MONTAXE TEATRAL REALIZADA POR ALUMNADO DE 1º E 2º ESO SOBRE A FIGURA DO HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011





REPARTO:
RÁPER: MARCOS GARCÍA FERNÁNDEZ, de 1º ESO A
ALUMNO 1: RODRIGO TORRES CAMBRONERO, de 1º ESO A
ALUMNO 2: IAGO SOUSA RODRÍGUEZ, de 1º ESO B
AMIGA DE LOIS: AINOHA QUINTAS GÓMEZ, de 1º ESO B.

RECITADORES por orde de aparición, todos de 2º ESO B
NOA  LÓPEZ MARCHANTE recita Mala sorte.
CRISTINA REGUERA GÓMEZ, recita III, namorado outra vez.
ALBA Mª FREIRE  MONTES recita  Presentimento.
JUANMA FUENTES MACÍA,  recita Degradación.
JUAN LAMAS CASAL  recita Poema para P. ós trinta e un anos camiño do ceo.
IAGO FERNÁNDEZ SIERRA recita VII. Vendo eses dous ollos latexantes.
ALBA Mª FREIRE MONTES recita Poderíano escoller como epitafio.


GUIÓN: Paloma Losada Romero.

DIRECCIÓN: Begoña Calvo Álvarez.



EDLG e Club de Lectura
Letras Galegas 2011







2 may 2011

LOIS PEREIRO

            É un autor de culto, representante da eclosión creativa dos anos 80 e da contracultura. Dise del que nas letras galegas constitúe unha liña de intensidade vital e de formas contemporáneas. A súa obra é vangardista, universal e tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritos, ás marabillas, á rebeldía e á xenerosidade.
            Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) en 1958. Con dezasete anos marcha a Madrid para cursar estudos en Políticas que abandona logo para introducirse na informática e nos idiomas. En Madrid inicia a súa traxectoria literaria na revista experimental Loia xunto cun grupo de universitarios galegos como Manuel Rivas e Fermín Bouza e da que só se coñecen catro números (o último é de 1978). Nesta publicación apareceron algúns dos poemas do escritor monfortino que posteriormente se incluirán no seu libro Poemas para unha loia (1996), no que tamén se inclúe o ensaio “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a rida hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia” que fora dado a coñecer a través das páxinas da revista Luzes de Galiza.
            Xa de regreso en Galicia, Pereiro forma parte do Grupo de Amor e Desamor que editou dous libros con ese mesmo título. Pereiro figura, pois, nas antoloxías colectivas De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985) nas que tamén aparecen outros poetas de tendencias moi diversas pero que compartían inquedanzas culturais. Á iniciativa deste mesmo grupo débese tamén o mantemento da revista Luzes de Galicia onde, ademáis do mencionado ensaio, viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.
            En Galicia Lois Pereiro compaxina profesionalmente o labor poético coa tradución e a  redacción de guións televisivos.
            Aínda que publicou poemas e artigos en varias revistas culturais, non foi ata 1991 que aparece a primeira das súas dúas únicas obras publicadas en vida: Poemas 1981/1991 (1992). Tres anos máis tarde edítase Poesía última de amor e enfermidade (1995). Os dous poemarios son duras e espidas obras nas que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e a certos trazos da contracultura.
            Lois Pereiro falece enfermo en A Coruña en 1996. Aparecen póstumos: Poemas para unha loia (1997), recopilación da súa primeira poesía que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia; e a novela inconclusa Náufragos do paradiso, publicada en Luzes de Galiza.
Obra en galego:
Poemas : 1981-1991. (1992). Edicións Positivas, S.L..
Poesía última de amor e enfermidade.1992-1995. (1995) Edicións Positivas, S.L..
Poemas para unha loia. (1997).  Espiral Maior.