Mostrando entradas con la etiqueta termalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta termalismo. Mostrar todas las entradas

23 jun 2011

Visita a Mondariz (Pontevedra)

     Pois chegou o día e fixemos a visita programada ao CPI de Mondariz. Despois da anécdota do bus (o que deu pé a algúns para botar unhas partidiñas de futbolín...), chegamos ao centro escolar. Alí recibíronnos amablemente e vimos a presentación que fixeron os alumnos e alumnas sobre o seu centro e a bisbarra. Despois iniciamos o percorrido polas beiras do río Tea ata Mondariz Balneario. Cruzamos a ponte de Cernadelas, e outros máis enxebres!! No balneario bebimos na Fonte da Gándara (gustouvos o sabor?) e visitamos as instalacións do Palacio da Auga (ai, que mágoa non poder bañarnos alí!!!). Pero o mellor foi xantar na área recreativa ao pé do río Tea e pasar a tarde chapuzando nas augas e saltando desde a corda ao río, a que si? Desta vez xa vos coñeciades algo máis e o intercambio de confidencias foi notable.

     Para que non esquezades este día, aquí vos queda unha mostra do que fixemos:




























5 jun 2011

VÍDEO-MONTAXE INTERCAMBIO "FERRO COUSELO-MONDARIZ"

Pasámolo moi ben durante a visita do C.P.I de Mondariz. O vídeo que ides ver é boa proba disto. Grazas a todas e todos por participar!


2 jun 2011

VISITA DO C.P.I. DE MONDARIZ

II INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL SOBRE O TERMALISMO

O pasado día 30 de maio recibimos no instituto aos colegas e alumnado de 1ºESO do CPI de Mondariz. A expectación era moita; os nervios, os habituais. Para non entorpecer o desenvolvemento das clases, ensinámoslles o centro nunha presentación de Power-point. Tamén o percorrido que iamos facer e as fotos de balnearios da provincia. A moitos alumnos/as sorprendeulles que houbese tantos, pero por iso a nosa provincia é tan coñecida entre os amantes do termalismo.

Temerosos ante o prognóstico de chuvia, finalmente este non se cumpriu, o que por unha vez nos aledou. Os baños nas pozas de Canedo-Outariz foron abondosos e a experiencia, moi positiva.
Aquí nos vedes nesta xornada inesquecible.





















Isto non é un adeus, é un ata logo!! O día 20 de xuño seremos nós quen vaiamos a Mondariz para visitar esa zona termal.
Saúdos





30 may 2011

Coñece o noso instituto e as zonas termais de Ourense

Esta presentación foi realizada para que o alumnado e profesorado do C.P.I de Mondariz (Pontevedra) coñeza o noso instituto e os lugares de importancia que lles imos ensinar no II Intercambio lingüístico-cultural que mantemos os dous centros de ensino. O tema do termalismo tócanos moi de cerca aos dous e ese vínculo vese reforzado coas visitas aos respectivos centros. Con esta presentación coñeceredes mellor as zonas termais de Ourense e da provincia. Agardo que vos guste!

11 may 2011

AS TERMAS DE OURENSE

Os alumnos e alumnas de 1º ESO A fixeron esta pequena teatralización para o intercambio lingüístico-cultural co CPI de Mondariz (Pontevedra)



A que o fixeron moi ben? Bravo por estas iniciativas!!!!