8 mar 2018

Día da Muller 2018


Dúas iniciativas son as que desenvolvimos este curso para celebrar o Día da Muller. A primeira foi a proposta do EDLG co alumnado de 1º Bacharelato. Escollían unha muller galega que destacase nun ámbito calquera e debían falar dela e expoñer as súas calidades e logros. 

Sobre Olimpia Valencia realizou a súa exposición Cristina Freire Fernández, de 1º bac. A.




 
Cristina Freire (dta.) e Guiomar González, de 2º bac, outra das premiadas,

A outra foi unha actividade proposta polo departamento de Física e Química. Alumnas e alumnos de 4º ESO e 2º bacharelato realizaron paneis expositivos sobre mulleres científicas de tódalas épocas.

Velaquí os resultados e os premiados:

Úrsula Feijoo-Montenegro e Íker Santos, de 4º ESO A

Ainoha Prieto, Elba Núñez e Ana Pais, de 4º ESO A

Paula Carrera, Adolfo Pereira, Alejandro Casas e Génesis Pereira.
Elba Núñez e Ana Pais, de 4º ESO A




















2 mar 2018

Cea literaria


A cea literaria, nesta nova ocasión ó redor das novelas Nordeste, de Daniel Asorey (Ed. Galaxia), e Ya no quedan junglas adonde regresar, de Carlos Augusto Casas (M.A.R. Editor), reuniu a un bo grupo dos participantes do club de lectura As catro esquinas do Quinto.  Estamos moi satisfeitos da consolidación de dito club, xa que moitos dos partipantes xa non están na actualidade no noso instituto e, non obstante, seguen vinculados a el a través do club.

A obra de Asorey, Premio de Narrativa Breve Repsol 2016, acercounos ó tema dos cangaceiros no Brasil e centrado na historia de tres fortes mulleres; dúas desa parte: a fotógrafa Matilde e a cangaceira María Bonita.  Gustou moito esa parte. Houbo disparidade de criterios na parte ó redor de Carme de Candigas, a terceira gran muller, vedora maior nunha Santiago de Compostela imaxinaria, capital da República das Santas Irmandades de Galicia de ter triunfado a revolta Irmandiña. Seica Compostela con mar facíase ben raro! Con todo, a mensaxe é clara e actual: no mundo, desgrazadamente, triunfan os cartos e os negocios mesmo nunha sociedade aparentemente ideal.

Canto á outra novela, houbo unanimidade de opinións: Ya no quedan junglas adonde regresar gustou moito. É unha novela negra en tono de comedia na forma, pero con contido serio no fondo.  Recibiu varios premios: 
• Gañador do VI Premio Wilkie Collins de Novela Negra

• Gañador do Premio Novepoll 2018 

• Gañador do Premio Morella Trufa Negra 2018








As próximas obras seleccionadas para a lectura son un poema de Fernando Pessoa; Enderezo descoñecido, de Kressmann Taylor; e Fariña, de Nacho Carretero.