25 feb 2013

Festival de ENTROIDO

O pasado día 8 festexamos o Entroido cunha boa xolda. Tivemos un concurso de sobremesas feitas polo alumnado. Hai que destacar que cada curso ponse máis difícil escoller a mellor entre tanta larpeirada.

Velaquí os gañadores:

1º premio: Iago Estévez


2º premio: Martín Cid e Alejandro Cid

3º premio: Iria Domínguez e Nerea Sastre

4º premio: Ema Santos e Sofía García.

Despois fixemos un  desfile de disfraces e ata houbo quen se botou uns bailes.
No concurso os gañadores foron:

Sección individual
1º premio para José Ángel Borrajo (2º ESO)


2º premio para Adrián García (2º ESO)


Sección grupos

1º premio para Iago Fdez. e Alejandro Rguez. (3ºESO)


2º premio para Érica, Lourdes, e Andrea de 2º bac. e Miriam de 1º bac.


3º premio para JanettBrais, Uxía, Abraham e Juan (4º ESO)



4º premio para Marcos e Ainoha (3º ESO)



Noraboa a todos os premiados e participantes!

E a continuación déixovos un vídeo con imaxes dese día.
Xa queda menos para o vindeiro entroido!


22 feb 2013

Tertulia Literaria

O pasado día 6 alumnos e alumnas de 4º da ESO participaron nas Tertulias Literarias que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Como desde hai varios anos, o noso instituto participa a través do Club de Lectura. Todos os cursos lemos un libro escrito en galego e outro en castelán e debatemos no Liceo con alumnado doutros centros escolares.  
O libro elexido nesta ocasión era o de castelán. Tratábase de Lágrimas en la lluvia de Rosa Montero.

Participastes con moito entusiasmo e pensamos que vos gustou moito a actividade. Con anterioridade tivemos profesores e vós varias xuntanzas para falar da novela e preparar os temas a debater. Seguro que a que más vos agradou foi o xantar con pizza no instituto!!

Déixovos aquí fotos da tertulia, e espérovos para a seguinte, que será en abril e o libro correspondente é Febre, de Héctor Carré. 














Velaquí o libro que leredes proximamente. Podedes ir xa botándolle un ollo.




 

17 feb 2013

Roteiro "A Esmorga"

Un curso máis o alumnado de 4º ESO asistiu, tras a lectura da novela de Blanco-Amor, ao roteiro que sobre a obra se realiza pola cidade. Foi o pasado día seis.

Déixovos unhas fotos dos expectantes alumnos e alumnas polas rúas polas que transitaban O Bocas, O Milhomes e o Cibrán.
















2 feb 2013

Concurso Día dos Namorados


Lémbrovos que está aberta a convocatoria do concurso "Día dos Namorados"

SABEMOS QUE SABES DICIR PRECIOSAS FRASES DE AMOR, PERO…
ES CAPAZ DE ESCRIBIR A CARTA DE AMOR OU A DECLARACIÓN MÁIS CURSI POSIBLE? 






ESTE NON É UN CONCURSO CALQUERA, AQUÍ PREMIAMOS A CARTA OU DECLARACIÓN DE AMOR MÁIS PASTELEIRA, MÁIS RIDÍCULA E ESTOXADIZA DO MUNDO!!!

O PREMIO SERÁ UN LOTE COMPOSTO DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E ALGÚN DETALLIÑO MÁIS.
Data límite de entrega: luns 11 de febreiro.
Entrega de premios: xoves 14 no 2º recreo.