23 dic 2014

Felices festas de Nadal

O Equipo de Dinamización da Lingua Galerga (EDLG) desexa a toda a comunidade escolar do IES Xesús Ferro Couselo unhas felices festas de nadal e un próspero ano 2015.


20 dic 2014

Festival de Nadal 2014

O venres 19 celebramos o festival de Nadal con moitas actividades preparadas polos propios alumnos. Houbo tamén a entrega de premios do concurso de Tartexas de Nadal e a actuación do coro do instituto.












O primeiro premio recaeu na tarxeta de Elba Núñez Suárez de 1ºESO A.



Elba, á dereita da imaxe.


O 2º premio foi para Borja Fernández Ojea de 1º ESO B.



18 dic 2014

Defensa das variantes dialectais do galego II

Defensa da variante dialectal do galego oriental.




Só falta o bloque central. Como dixo a profe Paloma, por que non vos animades a facer a defensa da variante dialectal central do galego?

1 dic 2014

Concurso de tarxetas de Nadal

Xa está convocado o concurso de tarxetas de Nadal que todos os anos celebramos.

Podedes empregar as técnicas habituais: collages, ilustracións, carbonciño, montaxes... Pero tamén podedes facer tarxetas dixitais (JPG, PNG...)

Tendes de prazo ata o 12 de decembro. Exporanse no recibidor do instituto.

Os premios: camisetas do instituto e material escolar.
Animádevos!!

Podedes ver aquí como crear tarxetas con Libreoffice impress.

10 nov 2014

Samaín 2014

A recopilación de lendas ou historias de medo arredor da Santa Compaña resultou moi satisfactoria, e practicamente o instituto enteiro asistiu á proxección da película O Apóstolo

Coas mellores historias, o EDLG realizou unha pequena antoloxía que podedes ver aquí e que se agasallou ós gañadores dos concursos de cabazas e de carteis.





Estes concursos foron, pola contra, un fracaso este ano, non quixestes participar desta vez.
Deixamos aquí os carteis gañadores:





As profesoras Azucena e Almudena coas súas cabazas gañadoras. Parabéns!


25 oct 2014

Defensa das variantes dialectais do galego

Noelia Gómez é a autora deste vídeo, elaborado como traballo para as clases de galego: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». Para desenvolver a súa idea, contou coa colaboración de tres amigos de Imo, no veciño municipio de Dodro. Xunto coa propia Noelia, Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey póñenlle voz a situacións cotiás coas que se atopan no seu día a día, e que lonxe das críticas ás que en máis de unha ocasión tiveron que enfrontarse, revolven empregando a lingua nai, tal e como a mamaron, sen disfraz algún.
 (A voz de Galicia, 25-10-2014)

16 oct 2014

Concurso de carteis e cabazas de Samaín 2014

CONCURSO DE CARTEIS E CABAZAS DE SAMAÍN

Para alumnado e profesorado.

Data límite de entrega:
29 de outubro.

Haberá tres premios para o alumnado
e un para o profesorado:
material escolar e
obxectos de Samaín.

Exporanse no recibidor do centro todas as cabazas  e os mellores carteis participantes.
Recordade que podedes usar distintas técnicas para os carteis: power point, collages, glogster...


ANÍMATE E PARTICIPA!!

Vede aquí as cabazas gañadoras o curso pasado.

Cabaza de Yanira Fernández

Cabaza do profe Javier Mosteyrín


Lembrade tamén que segue aberto o prazo para recoller as lendas de medo para optar ao visionado da película O Apóstolo.




7 oct 2014

Proposta para celebrar O Samaín

O Apóstolo, de Fernando Cortizo
Queredes cambiar dúas clases
por unha sesión de cine?

ESTA VEZ DEPENDE DE VÓS!

O EDLG e o club de lectura “As catro esquinas do Quinto” comprométense a organizar unha sesión de “Cine de Samaín” se conseguen unha participación suficiente do alumnado na recollida ou creación de lendas ou relatos “de medo”. 

Poderán asistir á proxección todas aquelas clases que participen na recollida cun número de TRABALLOS VÁLIDOS igual ou superior a ¼ do número de alumnos desa clase.

TRABALLOS VÁLIDOS:

- Todos os traballos deben cumprir as seguintes condicións:

  • Contido relacionado co sobrenatural .
  • A historia ten que ser comprensible e coherente.
  • Redactados en galego.
  • Sen faltas de ortografía, puntuación ou gramática.
  • Escritos a ordenador e enviados por correo electrónico ao correo das profes.
Á parte diso, os traballos poden ser de dous tipos: 

1. RECOLLIDA de lendas tradicionais ou modernas (“lendas urbanas”) 
  • Poden obterse directamente (familiares, veciños, amigos) ou ben a través doutras recopilacións (antoloxías, páxinas web…) 
  • En calquera caso, deben estar redactadas polo alumno coas súas propias palabras, non copiadas. 
  • Hai que citar a fonte na que se obtivo .

2. CREACIÓN: 
  • Inventar unha historia que teña certo parecido con ese tipo de lendas (interesante o tema da Santa Compaña).
  • Pódense facer en parellas, pero tede en conta que para a asistencia á sesión de cine só conta o NÚMERO DE TRABALLOS, independentemente do número de alumnos que os fixeran. 
ANIMÁDEVOS E VEREMOS A PELÍCULA  O APÓSTOLO, do director Fernando Cortizo. Podedes ver información do film aquí e acá.


1 oct 2014

CURSO 2014-15

Ola a tod@s!

Iniciamos este novo curso académico con nova responsable do Equipo de Normalización: Paloma Losada.

Iniciativa súa é a creación dunha conta en Twitter: ENDL Ferro Couselo  @ENDLFerro. Así que xa sabedes... SEGUÍDENOS!!!



26 jun 2014

"Retrincos" en cómic

Un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO puxo en imaxes os relatos de Retrincos de Afonso R. Castelao. Son verdadeiras historias gráficas que editamos en vídeo. Esperemos que vos gusten tanto coma a nós. 

O Segredo, versión gráfica de Sheila Míguez, Uxía Yáñez e Alejandro Rodríguez.




O inglés, versión "moi libre" de  Álex Carballo,  Anxo Fernández, Adrián García e Jorge Fernández.




Peito de Lobo, realizado por Ainoha Quintas, Xoel Rivas e Nerea Sastre.



O Retrato, feito por Arianna, Ana Y., Sofía e Inés.




Sabela, cómic realizado por Laura Cabrera, Iria Domínguez, José Ángel Borrajo e Jorge Cid.



Noraboa a estes artistas!


Con estes traballos rematamos este curso escolar. 
Grazas a todos os que participastes nas actividades, traballos, lecturas, etc. 
E xa sabedes, no verán... lecturas en galego.
Saúdos!!

23 jun 2014

Obradoiro de papiroflexia

O departamento de matemáticas organizou un obradoiro de papiroflexia a cargo da profesora dona María Rosa Vázquez (tamén integrante do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, EDLG), para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Durante o terceiro trimestre, e ocupando varios recreos semanais, alumnos interesados na papiroflexia aprenderon a complexa arte do Origami. Habilidade, paciencia e atención son imprescindibles para levar a cabo as creacións en papel, sen tesoiras nin adhesivo. De paso os alumnos tamén aprenderon xeometría. 

O resultado de meses de traballo foi exposto no recibidor do instituto. Noraboa ao grupo!


Obradoiro de papiroflexia





















18 jun 2014

Roteiro de "A Esmorga" 2014

O día 16 un grupo de alumnos de 4º ESO participou no roteiro polos espazos urbanos nos que transcorre a novela de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Foron localizando os azulexos que nos lembran momentos importantes da historia de O Bocas, O Milhomes e o Cibrán pola cidade de Auria. Algúns alumnos leron uns pequenos fragmentos e fixemos un vídeo que vos deixamos aquí, xunto con algunha foto.
Tamén podedes ver outros vídeos de anos pasados clicando en aquí e acá.