23 dic 2013

Festival de Nadal 2013


E chegou o día das vacacións de Nadal, e un ano máis houbo actividades que vós mesmos programastes. Ben... houbo algúns que se apuntaron a ultimísima hora, pero penso que lles quedou claro que ou se participa ou... un queda na aula sen admirar os divertidos espectáculos que cada clase ideou e preparou.

Para empezar, Yanelfy, Alba, Eva e María de 1º ESO fixeron unha coreografía coa canción Euphoria de Loreen.




A continuación Manuel Alonso, de 1º ESO A, interpretou coa gaita unha peza popular galega:





Coa música seguimos, pois catro alumnos de 1º e 2º ESO fixeron un playback.

Tania, Ainoha e Sheila de 3º ESO e Bárbara de 4º ESO cantaron a cappella "Lady Marmalade".





Tampouco faltou un número de ximnasia rítmica a cargo de Nerea (3º ESO) e Yanira, de 1º ESO A.





Miguel Álvarez, de 1º ESO A, tocou o saxo para nós:


O mestre de cerimonia, Alejandro, de 3º ESO, preparou un número de Telepatía, humor e maxia:



Na "repesca", alumnado de 1º e 2º de bacharelato improvisou un bailiño; por alí se colou Íker, de 1º ESO:



Pouco antes de rematar as actuacións entregamos os premios do concurso de tarxetas de Nadal: Roberto Lamas (1º ESO B) e Rebeca López (2º ESO A) levaron o 1º e 2º premio respectivamente. Estaba ausente Alberto Rodríguez (2º ESO A), que acadou o 3º premio.



Pechamos o festival coa actuación do coro do instituto que, baixo a batuta de Marosa Vázquez, interpretou para nós as seguintes panxoliñas:

"Deck de Halls", melodía popular galesa do séc. XVI

"Il est né le divin enfant", popular francesa do séc. XIX




"Na noite máis fermosa", popular galega.



"O carrapuchiño", popular galega.




"Adeste fideles".




Grazas a todos os participantes, asistentes e a todos aqueles que fixeron posible a realización deste festival!

19 dic 2013

Tarxetas de Nadal

     O EDLG deséxavos que pasedes unhas felices festas de Nadal.

O alumnado de 1º e 2º de ESO elaborou tarxetas para engalanar o noso centro. 













13 dic 2013

Tertulia de profes

No Club de lectura As catro esquinas de Quinto, sección profes, tivemos a finais de novembro unha cea literaria para falar da obra Menú de enganos de Manuel Núñez Singala.

Gustounos moito esta proposta de Menú, con entrantes, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, pois todos os relatos nos deixaban con ganas de máis.  Houbo para todos os gustos, pero neles o engano, o malentendido ou a burla faciánnos seguir ata o seguinte relato (prato). A ver se vós sentides o mesmo ao lelo!!









9 dic 2013

Ollos de aula

Déixovos aquí unha nova edición da revista Ollos de aula. Nela podemos atopar ideas para os agasallos de Nadal, tamén un enlace para os que vos gusten as ciencias e a tecnoloxía.

Un apartado interesante é a análise de como vai afectar ao ensino do galego a nova lei de educación (LOMCE). 

Dentro do apartado "Palabras do ensino" explícase que é e para que serve o departamento de Orientación.

Desde este enlace mesmo, podedes ollar a revista do mes pasado, que nos trae información sobre o acoso escolar, sobre o que é un proxecto interdisciplinar e suxestións de lecturas.