28 feb 2019

Tertulias literarias


Un ano máis apuntámonos ás Tertulias literarias con alumnado voluntario de 4º da ESO e de 1º Bacharelato. Estas tertulias organízaas a concellalía de educación do Concello de Ourense. Este curso  comenzamos co libro en castelán Mejor la ausencia, de Edurne Portela. Tivemos sesións preparatorias  e un luns  xantamos todos xuntos no instituto.




Como houbo doce centros e máis de douscentos alumnos e alumnas apuntados a esta interesante actividade, repartíronse as tertulias en tres tardes. Nós acudimos o día  19 de febreiro, e o día 21 veu a propia autora a charlar con todos nós.





Laura, Andrea, Laura, Elba, María, Alba.

Luísa, Mery, Alejandro ,Génesis, Lucía




A obra deu para unha posta en común moi intensa e participativa. Foi unha experiencia moi satisfactoria, onde os temas do maltrato no fogar, da irrupción das drogas no País Vasco nos anos 80, da Kale Borroka, da ETA, dos GAL... e todo xirando ao redor de Amaia, unha protagonista con luces e sombras.



A próxima tertulia terá como tema a novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal de Arantza Portabales.

24 feb 2019

Día de Rosalía 2019


Para celebrar o Día de Rosalía, que sabedes que é o 24 de febreiro, día do seu nacemento, varios alumnos e alumnas de 1º de bacharelato B, leron poemas da escritora. A maioría pertencen ao seu poemario Follas Novas (1880). 

Con esta actividade, o EDLG e o IES Xesús Ferro Couselo queremos mostrar no 182 aniversario do seu nacemento, a nosa admiración e afecto pola autora máis universal das letras galegas.
Longa vida ás nosas letras!

E grazas a Laura, Jonathan, Ainhoa, Hugo, Rebeca, Isaac, Alejandro e María pola súa participación.

Velaquí os vídeos:

Laura González le "Daquelas que cantan as pombas i as frores"





Ainhoa Prieto le "Unha vez tiven un cravo". 




Hugo Fernández le "Pra a Habana V".




Rebeca Álvarez le "Tecín soia a miña tea".



Isaac Fabello le "Probe Galicia, non debes".



Alejandro Casas le "Vanidade".



María Domínguez despídese con "Vivir para ver".

14 feb 2019

Día dos Namorados


Que mellor maneira que manifestar o noso amor que facelo a través de fermosas palabras dos nosos autores!

O alumnado do noso instituto seleccionou poemas de amor de varios autores e autoras galegos. Despois algúns alumnos do EDLG montaron con eles un mural  no vestíbulo do centro para que toda a comunidade escolar poida gozar deles.

O amor abrangue moitos campos da nosa vida. En calquera deles... amade moito!

Feliz Día do Amor e dos Namorados!













Ademais o Equipo da Biblioteca tivo a idea de axudarnos a dicir esas fermosas palabras de amor con poemas en diversas linguas. Como dixemos, se tes a persoa, nós ofrecémosche as palabras de amor para que llas ofrezas.







Tamén adornamos as cristaleiras do instituto con corazóns que contiñan frases de cancións de amor.




8 feb 2019

Día da muller e a nena na Ciencia




O departamento de Física e Química organizou unha visita ao campus universitario para os cursos de 4º ESO e de 1º Bacharelato de Ciencias no Día da nena e a muller científica. 

No marco da conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, a Escola Superior de Enxeñería Informática, a Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, a Facultade de Ciencias, o Vicerreitorado do Campus de Ourense e a Unidade de Igualdade da UVigo organizaron a II Edición de "EXXperimenta en feminino", que reuniu a noventa investigadoras e alumnas das titulacións científicas e tecnolóxicas que participan en proxectos para mostrar a alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato de centros de Ourense, as hipóteses sobre as que traballan, os avances conseguidos e as diferentes liñas de investigación nas que están implicadas. A feira, que se celebrou o día 6 de febreiro, tivo formato divulgativo e co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade, facendo fincapé na visibilización das mulleres que traballan nestas áreas.

Foi unha experiencia moi gratificante e produtiva. Déixovos aquí algunhas fotos desa visita.