Mostrando entradas con la etiqueta Día Europeo das Linguas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Europeo das Linguas. Mostrar todas las entradas

26 sept 2019

Día Europeo das Linguas




Este curso por primeira vez celebramos no instituto o Día Europeo das Linguas. Esta efeméride festéxase o 26 de setembro desde o ano 2001 por iniciativa do Consello de Europa.

Nós decidimos que escribiríamos unha palabra na maioría das linguas que se falan en Europa,  colocando por un lado as romances e por outro as xermánicas, eslavas.... A palabra escollida este curso é RESPECTO (Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa). Pensamos que é unha palabra moi importante, porque respecto é o que pedimos para a nosa lingua e a nosa cultura. Con estas cartolinas inauguramos este curso o noso taboleiro. 

Esta actividade ten tamén moito que ver ademais co programa Erasmus+, que este ano iniciamos con institutos de Ziebice (Polonia) e Aydin (Turquía), sendo o tema do programa a loita contra o acoso escolar co lema Adeus bullying, ola amigo. Por iso a palabra Respecto estivo moi ben acaída.

Debemos recoñecer que con certas linguas tan lonxanas á nosa en orixe e distancia física atopámonos con dúbidas de se o tradutor en rede o facía correctamente. Pedimos desculpas  de antemán se non é así!