22 nov 2013

Labor educativo no Nepal

O día 19 o alumnado de 1º e 2º bacharelato asistiu no Auditorio Municipal á proxección da película Katmandú, un espello no ceo, da directora Icíar Bollaín. O filme está inspirado no labor educativo no Nepal da catalana Victoria Subirana. Despois do visionado, esta mestra catalá falounos dese labor e de aspectos da película que non reflicten na súa totalidade o drama que alí se está vivir.


«Katmandu, un espello no ceo» narra a historia de Laia, unha mestra catalá que se traslada a  Katmandú (Nepal) para traballar nunha escola  a mediados dos anos noventa. Alí descobre unha pobreza extrema e un panorama educativo desolador que, ademais, exclúe os máis necesitados. Tras contraer, ao seu pesar, un matrimonio de conveniencia para legalizar a súa situación, emprende un ambicioso proxecto pedagóxico nos barrios de choupanas da cidade, aínda que pronto se decata de que, para facelo realidade, necesita axuda. Ao mesmo tempo, de forma inesperada, namórase do seu marido. Seguindo a Sharmila, unha moza mestra nativa, emprende unha viaxe ata o fondo da sociedade nepalesa e, tamén, ata o fondo de si mesma. Drama baseada na historia real da mestra Victoria Subirana, unha catalá nacida en 1959, que descubriu que o seu traballo era moito máis útil nun país sen alfabetizar. 

A madrileña Icíar Bollaín é a responsable dun drama protagonizado pola actriz Verónica Echegui no que tamén interveñen Sumyata Battarai e Norbu Tsering Gurung. O guión foi realizado por Bollaín en colaboración con Paul Laverty.

Ficha técnica

Título orixinal: Katmandú, un espejo en el cielo.
Dirección: Icíar Bollaín 
País: España 
Ano: 2011 
Interpretación: Verónica Echegui, Sumyata Battarai, Norbu Tsering Gurung 
Producción: Media Films / Es Docu / TVE / Canal+ / TVE3
Música: Pascal Gaigne 
Duración: 104 minutos
2011: Premios Goya: Nominada á Mellor actriz (V. Echegui) e guión adaptado.
2011: Premios Gaudí: Mellor actriz (V. Echegui)





Parte do alumnado con Victoria Subirana

A actividade foi organizada polo departamento de inglés (vimos a película en versión orixinal subtitulada) e polas titoras respectivas dos cursos de bacharelato.

12 nov 2013

Magosto

     O venres 8 celebramos o magosto no instituto. Houbo un concurso de sobremesas da época e outro de castañas decoradas, ademais dun campionato de fútbol. Por suposto, e a pesar da chuvia incesante, fixemos unha pequeniña fogueira e asamos castañas. 

1º premio de sobremesas para a torta de queixo e galletas de Iria e Nerea (3º ESO)

1º premio

2º premio para as pastas de améndoas de Millán (1º bac.)

2º premio
1º premio do concurso de castañas decoradas para a escultura de Daniel Darío de 1º ESO A, que reproduce a un reno tirando do carro de Papá Noel.

1º premio
Reno e Papá Noel




3 nov 2013

Premios do Concurso de Cabazas de Samaín 2013

Pois este ano debeu ser mal ano de colleita de cabazas porque a verdade é que só houbo seis participantes na sección "alumado" e dous na de "profesorado", iso si, moi terroríficas todas.
O resultado das votacións foi moi axustada, pero velaquí os gañadores:

1º premio para a cabaza de Yanira Fernández de 1º ESO A.
 




2º premio para a cabaza de Samuel Bembibre, de 1º ESO A:




3º premio: Rebeca López. de 2º ESO A.



Na categoría de profes, o gañador por Javier Mosteyrín:




2º premio para a cabaza da profesora Paloma Losada:


Déixovos máis fotos das cabazas participantes e dos carteis que fixeron os de 1º ESO.








Os tres premiados:


Outros participantes: Nicolás, Daniel e Yeray.