O día 19 o alumnado de 1º e 2º bacharelato asistiu no Auditorio Municipal á proxección da película Katmandú, un espello no ceo, da directora Icíar Bollaín. O filme está inspirado no labor educativo no Nepal da catalana Victoria Subirana. Despois do visionado, esta mestra catalá falounos dese labor e de aspectos da película que non reflicten na súa totalidade o drama que alí se está vivir.
«Katmandu, un espello no ceo» narra a historia de Laia, unha mestra catalá que se traslada a Katmandú (Nepal) para traballar nunha escola a mediados dos anos noventa. Alí descobre unha pobreza extrema e un panorama educativo desolador que, ademais, exclúe os máis necesitados. Tras contraer, ao seu pesar, un matrimonio de conveniencia para legalizar a súa situación, emprende un ambicioso proxecto pedagóxico nos barrios de choupanas da cidade, aínda que pronto se decata de que, para facelo realidade, necesita axuda. Ao mesmo tempo, de forma inesperada, namórase do seu marido. Seguindo a Sharmila, unha moza mestra nativa, emprende unha viaxe ata o fondo da sociedade nepalesa e, tamén, ata o fondo de si mesma. Drama baseada na historia real da mestra Victoria Subirana, unha catalá nacida en 1959, que descubriu que o seu traballo era moito máis útil nun país sen alfabetizar.
A madrileña Icíar Bollaín é a responsable dun drama protagonizado pola actriz Verónica Echegui no que tamén interveñen Sumyata Battarai e Norbu Tsering Gurung. O guión foi realizado por Bollaín en colaboración con Paul Laverty.
Ficha técnica
Título orixinal: Katmandú, un espejo en el cielo.
Título orixinal: Katmandú, un espejo en el cielo.
Dirección: Icíar Bollaín
País: España
Ano: 2011
Interpretación: Verónica Echegui, Sumyata Battarai, Norbu Tsering Gurung
Producción: Media Films / Es Docu / TVE / Canal+ / TVE3
Música: Pascal Gaigne
Duración: 104 minutos
2011: Premios Goya: Nominada á Mellor actriz (V. Echegui) e guión adaptado.
2011: Premios Gaudí: Mellor actriz (V. Echegui)
Parte do alumnado con Victoria Subirana |
A actividade foi organizada polo departamento de inglés (vimos a película en versión orixinal subtitulada) e polas titoras respectivas dos cursos de bacharelato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.