31 ene 2020

Tertulias literarias



Un novo curso a concellaría de Educación  e Cultura de Ourense convoca unhas novas tertulias literarias para todos os centros de secundaria de Ourense e provincia. 

Coma sempre, alumnado voluntario (algúns do Club de lectura) dos niveis de 4º ESO e 1º e 2º bacharelato participou lendo a novela de Manuel Esteban titulada O meu nome é Ninguén. (Ed. Xerais)

O día 29 asistimos á tertulia con alumnos e alumnas doutros centros e o día 30 escoitamos a conferencia do autor. Foi unha actividade moi gratificante, porque a obra deu para moito debater, e o autor demostrou unha conexión especial cos lectores, aos que respondeu as numerosas preguntas que lle fixeron. Manexa Manuel Esteban un perfecto dominio da lingua e dos recursos da oratoria. Foron dúas xornadas moi satisfactorias.

Verémonos de novo en abril cunha nova tertulia coa obra en castelán, que será Malaherba, de Manuel Jabois. (Ed. Alfaguara)


Laura, María, Lucía, Aldara  e Claudia (De esq. a dta.)

Alexandra, Rebeca, Laura, Andrea e Laura (De esq. a dta.)





Manuel Esteban




Rebeca

Elba

Lucía