Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas

17 may 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares. 50º aniversario de "Vento ferido"

Outra actividade deseñada no IES Xesús Ferro Couselo para conmemorar o Día das Letras Galegas 2017, -e aproveitando o 50º aniversario da publicación de Vento ferido (1967), libro do homenaxeado Carlos Casares-, foi levada a cabo polo alumnado da materia de Plástica de 4º da ESO, a proposta deste Equipo de Normalización da Lingua Galega, e en colaboración co departamento Plástica e de LG, que lles facilitou o libro. Foi un proxecto trimestral que consistía en idear portada e contraportada para cada relato de Vento ferido. O resultado foi espectacular e imprimíronse as propostas sobre cartón pluma, quedando expostas no recibidor do centro escolar. Todos os participantes recibiron un pequeno agasallo e os máis destacados algún outro detalle.

Velaquí os orgullosos deseñadores:









Tamén colocamos unha mesa expositoria coas obras de Carlos Casares que temos nos fondos da nosa biblioteca.





No Presentación que vai a seguir podedes ver en detalle as obras realizadas:


















Non vos parecen espectaculares?

Parabéns a estes alumnos e alumnas tan creativos e á profe Ana Rosa, que tan ben os organizou!

Alumnado da materia de Plástica de 4º ESO (2016-17)
coa profesora Ana Rosa.

16 may 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares e "Un polbo xigante"

Para conmemorar este curso o Día das Letras Galegas fixemos varias actividades. Para os de 1º ciclo da ESO e da man da Casa dos Poetas e da súa 4ª Semana Das Letras Galegas, decidimos que na clase de 1º ESO A, os alumnos e alumnas inventaran unha historia a partir dun pequeno fragmento de Un polbo xigante (2000), obra de Carlos Casares. Déuselles a todos un ou dous folios que tamén podían decorar. A actividade gustoulles moito e en parellas realizaron os seguintes textos que vos deixamos a continuación.
Mirade como estaban concentrados na actividade:












Se queredes saber máis cousas sobre este autor ourensán, podedes visitar a páxina da Fundación Carlos Casares.