Mostrando entradas con la etiqueta Ledicia Costas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ledicia Costas. Mostrar todas las entradas

7 jun 2016

Concurso de cociña



Para darlle un remate festivo ao curso e ao libro que lemos en 1º da ESO, Escarlatina, a cocieira defunta, o EDNL convoca un CONCURSO DE COCIÑA. Animámosvos a que participedes!


RECEITAS QUE RESUCITARÁN OS MORTOS




BASES:
Haberá dúas modalidades:
1.       MODALIDADE 1: A cociña de Escarlatina
a.       Só alumnado de 1º da ESO
b.      As receitas poderán ser do libro Escarlatina, a cociñeira defunta, ou algunha variante destas.
c.       Haberá un único premio.
2.       MODALIDADE 2: Calquera prato que se poida traer o día 22 ao Instituto para degustar.
a.       Poderá participar todo o centro (alumnado, profesorado, persoal do centro...), incluídos os de 1º ESO.
b.      Haberá un primeiro e un segundo premio.
Prazo:
Quen desexe participar deberá anotarse nas listas correspondentes (pasarase polas aulas e logo quedarán en conserxería) ata o día 15
O día 22 nada máis chegar entregaranse os pratos elaborados en conserxería, onde lle adxudicarán un número a cada participante segundo a modalidade.
Xurado:
Estará composto por dous alumnos/-as.
Dous profesores/-as.
Outros traballadores do Centro.
Premios:
·         1 libro de cociña.
·         Caderno para receitario.
·         Equipamento de GRAN CHEF.

7 abr 2016

Ledicia Costas: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil


Esta novela de Lecidia Costas que estamos lendo en 1º ESO, foi gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Para que saibades o que supuxo para a autora e para a literatura en lingua galega este premio, podedes premer aquí e escoitaredes a entrevista que concedeu á Radio Galega.