30 nov 2018

Mes da ciencia: Táboa periódica dos elementos químicos



No ano 2001 a UNESCO declarou o día 10 de novembro como o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Desde entón o mes de santos pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, o profesorado de Galicia comenzou a celebrar o 4 de novembro o Día da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.

Tendo en conta que o ano 2019 vai ser o Ano Internacional de Táboa Periódica dos Elementos Químicos, os alumnos e alumnas de Física e Química da ESO e bacharelato, guiados pola súa profesora Mª José González,  fixeron unha exposición para dar  a coñecer a táboa periódica en galego, explicando as características e usos dos elementos químicos. 


Alumnado de 3º ESO A diante do seu mural


Alumnado de 3ºESO B diante do seu mural













26 nov 2018

Día internacional contra a violencia de xénero



Este curso o noso instituto celebrou o Día internacional contra a violencia de xénero cunha actividade moi satisfactoria: no barrio da Valenzá, da que procede a maioría do noso alumnado,  os mozos e mozas mostraron os seus esforzos por visibilizar a loita contra todo tipo de machismos e contra a violencia sobre as mulleres: pintaron frases nos pasos de peóns, repartiron entre a xente polas rúas frases reivindicativas e globos;  nunha carpa expuxeron os carteis e debuxos que o alumnado de todos os cursos fixo. Alí congregose moita xente, familiares, amigos, veciños, representantes do concello, profesorado... Foi unha experiencia moi satisfactoria, emotiva e bonita.

Concluiuse coa lectura por parte de varios alumnos dos seus decálogos en contra da violencia exercida sobre a muller e reivindicando a igualdade de homes e mulleres. De todo demos conta en tempo real na nosa conta de twitter: @endlferro.

























Alumnado do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense)


Pablo Núñez, de 4º ESO:




Andrea Valeria Jiménez, 2º Bacharelato:




Rivas, 2º bacharelato:




Javier Paredes, 2º bacharelato:



Despois colocamos os paneis no instituto:




E por último aquí temos o deseño das camisetas que idearon para os colaboradores:





20 nov 2018

Magosto 2018


O día 19 de novembro celebramos por terceiro ano consecutivo a festa do magosto xunto co alumnado  de 6º de primaria dos CEIP Filomena Dato O Ruxidoiro de Barbadás, centros adscritos ao noso IES. Este ano o alumnado de 4ºESO foi o encargado de organizar as actividades lúdicas con xogos variados, e coa axuda da ANPA e vicedirección, fornecéronnos de bocadillos, refrescos e sobremesa polo módico prezo de 5€, cartos que servirán para subvencionar a súa viaxe de final de curso. 




Foi unha bonita tarde chea de xogos tradicionais e de comida campestre. Non faltou a fogueira coas castañas asadas.



Premiada no concurso de sobremesas:


Tivemos carreiras de sacos, zancos, o xogo da silla, baloncesto, o xogo do pano, xogos de pelota, o xogo de pórlle o rabo ao burro...


















Tamén houbo  a pita cega, os tres en raia, saltaron á corda...















Pasámolo moi ben!