28 ene 2012

Tertulia sobre "Futuro imperfecto"

      A obra de Xulia Alonso provocou moitos comentarios na tertulia. Foi moi satisfactorio comprobar que as opinións eran variadas e o debate, intenso. O día que a autora veu contarnos a súa experiencia deixounos gratamente sorprendidos pola súa cercanía, gran comunicación e sinceras respostas ás precisas, profundas e incisivas cuestións que o alumnado lle presentou. Noraboa a todos! As profesoras implicadas estamos moi satisfeitas cos alumnos e alumnas participantes e agardamos por vós para a seguinte tertulia, esta vez sobre un libro escrito en castelán.





23 ene 2012

Doodle para Valentín Paz Andrade

¿Queredes que Google adique o seu doodle do 17 de maio ao homenaxeado o Día das Letras Galegas 2012? Pois entrade nesta páxina e asinade a petición, a ver se logramos que ese día apareza Valentín Paz Andrade
http://actuable.es/peticiones/doodle-as-letras-galegas-2012-adicadas-valentin-paz

20 ene 2012

Tertulia Literaria

     O vindeiro día 24 teremos a tertulia sobre o libro de Xulia Alonso Díaz, Futuro imperfecto. Os nosos tertulianos pertencen na súa maioría ao Club de Lectura e son de 4º ESO e 1ª BAC. 

A xuntanza será no Liceo de Ourense e compartiremos opinións con alumnado dos IES "Otero Pedrayo" e "As Lagoas". 

      O día 26 volveremos reunirnos todos os participantes dos distintos centros implicados nesta actividade para escoitar unha conferencia da propia autora.

  Podedes deixar aquí as vosas impresións, aínda que sei que o estades a facer tamén na Wiki do club.

16 ene 2012

Recordatorio

     Rematou a primeira parte do concurso sobre o refraneiro en tres linguas: galego, castelán e francés. Estaba dirixido ao alumnado da sección bilingüe, pero vese que estes alumnos /as ¡están algo lacazáns! Por iso queremos que vos unades a eles para resolver o contido común dos refráns.

     Velaquí os dos meses de novembro e nadal:

                                 I
Ás veces, onde cazar pensamos, cazados quedamos.

Cando vexas a corda, acorda.

Du bâton  que l’on tient souvent on est battu.

O mal alleo dá consello.

El escarmentado, bien conoce el vado.

A vella, de escarmentada, pasa o rego remangada.
 
Non quero máis panadeira: escarmentoume a primeira.
 
Dos escarmentados nacen os espabilados.
 
Moito gañou o que noutro escarmentou.

Chat échaudé ne revient pas en cuisine.
 
Gato escaldado, del agua fría huye.


                                              II

 Conta e razón sostén amizade e unión.

O amigo leal e franco, ese é un merlo branco.
 
Cuentas claras, amistades largas.
 
 
Le sort fait les parents, le choix fait les amis.

O Parente, como Deus cho dese; o amigo, como ti o escolleses.

Amigos da taberna, amigos da merda.

Ami de table  est bien variable.

Amigo del buen tiempo, múdase con el viento.

Amistad  por el vino estrechada, no dura de la noche a la mañana.
  
Amigo e viño, o máis antigo.

Amizade crebada vale pouco ou nada.
 
As amizades hanse descoser, mais non se han de romper.
 
En las tribulaciones y males, conocerás a los amigos leales.
 
Amis valent mieux qu’argent.
 
Quen ten un bo amigo, téñase por rico.


        Aquí tendes os do mes de xaneiro:

No entender, o primeiro; no falar, o derradeiro.
 
A buen entendedor, pocas palabras.
 
La parole est d’argent, mais le silence est d’or.
 
Non hai mellor palabra que a que se cala.
 
El mucho hablar trae consigo el mucho errar.

Da boca pechada nunca sae mala palabra.
 
Quien mucho habla, mucho yerra.
 
Ne sait parler, qui ne sait se taire.
 
En boca cerrada no entran moscas.
 
La ropa sucia se lava en casa.
 
Quen moito fala, enfada.
 
Por su pico se pierde el pajarico.
 
Un bienfait reproché tiend lieu d’offense.
 
Palabra e pedra solta, non ten volta.
 
Pecado callado, medio perdonado.
 
Péché secret n’est pas péché.
 
Que non saiba a man dereita o que fai a esquerda.
 
Tu camisón no sepa tu intención.
 
Mellor sandan  as chagas cás feridas das malas palabras.
 
Más  hiere mala palabra que espada afilada.
 
Pola terra e polo mar, obrar  e calar.
 
Tout écouter et ne rien dire.