Mostrando entradas con la etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas

14 jun 2021

Os pasos á liberdade

A liberdade pide pasos pequeniños pero constantes; a liberdade esixe constancia e, ás veces, renuncias. A liberdade é unha aspiración, un desexo e unha meta.

Dna. Pilar Fernández Domínguez, que está a cargo do Equipo da Biblioteca, escolleu poemas/textos de autores  famosos polo seu canto á liberdade e con eles adornar as escaleiras do noso instituto. Toda unha metáfora dos chanzos que a vida nos presenta para alcanzar a ansiada, preciosa e custosa liberdade.

Foi unha idea magnífica. As seguintes fornadas de alumnos e alumnas que entren polas portas do instituto lerán estas palabras motivadoras de Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Galeano, Paul Eluard e John Lennon.









22 jun 2012

Celso Emilio Ferreiro

O noso instituto uniuse ao desexo xeral de festexar o centenario do nacemento do poeta ourensán Celso Emilio Ferreiro. Inspirándonos no seu poema NON, paradigma do inconformismo, fixemos unhas camisetas cos versos que abren e pechan este poema:

NON
Se dixese que si,
que todo está moi ben ,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é cada quen...
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Se dixese que acaso
as cousas son esí,
porque si,
veleí,
e non lle deamos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Se algúns van de porta en porta
cun saco de cinzas ás costas
é porque son uns docas).
Se dixera que si... 
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.

Pero non.


As camisetas repartímolas entre os integrantes do Club de Lectura, que en tantas actividades participan. Para todo este alumnado e profesorado tan concienciados ¡GRAZAS!

Velaquí o deseño da camiseta e os agrazados:

Lema camiseta centenario Celso Emilio Ferreiro

Camiseta centenario Celso Emilio Ferreiro

Parte dos integrantes do Club de Lectura As catro esquinas do Quinto
 

Parte dos integrantes do Club de Lectura As catro esquinas do Quinto