A liberdade pide pasos pequeniños pero constantes; a liberdade esixe constancia e, ás veces, renuncias. A liberdade é unha aspiración, un desexo e unha meta.
Dna. Pilar Fernández Domínguez, que está a cargo do Equipo da Biblioteca, escolleu poemas/textos de autores famosos polo seu canto á liberdade e con eles adornar as escaleiras do noso instituto. Toda unha metáfora dos chanzos que a vida nos presenta para alcanzar a ansiada, preciosa e custosa liberdade.
Foi unha idea magnífica. As seguintes fornadas de alumnos e alumnas que entren polas portas do instituto lerán estas palabras motivadoras de Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Galeano, Paul Eluard e John Lennon.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.